Sociedade Numismática Sueca

asociación numismática de Suecia

A Sociedade Numismática Sueca (en sueco: Svenska numismatiska föreningen –SNF–) é unha asociación numismática fundada en 1873 e con sede en Estocolmo, que ten como finalidade a promoción da investigación numismática.

Sociedade Numismática Sueca
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1873
EnEstocolmo
PaísSuecia
Na rede
https://numismatik.se/om_snf/english.php
editar datos en Wikidata ]

É a entidade asociativa de índole numismático máis antiga de toda Escandinavia.[1]

En 2008 accedeu á súa presidencia Jan-Olof Björk, de Växjö.[2]

Actividade

editar

A Sociedade Numismática Sueca publica desde 1874 a revista Numismatiska meddelanden ("Mensaxes Numismáticas").[1]

En 1977 adquiriu, ademais, a revista Myntkontakt, que cambiou o seu nome a Svensk numismatisk tidskrift ("Revista Numismática Sueca"). Publícanse oito números anuais desta revista, que lle é entregada gratuitamente aos membros da sociedade.[1][3]

A SNF edita tamén Numismatiska Meddelanden ("Ensaios Numismáticos"), que, á parte dos artigos en sueco, contén tamén colaboracións en inglés, alemán e francés.[1][4]

Ademais do seu labor editorial, a Sociedade Numismática Sueca organiza poxas numismáticas unha ou dúas veces por ano destinadas á participación dos seus asociados, cuxos lotes son descritos en Svensk numismatisk tidskrift e tamén a través de Internet.[1]

Outra das súas actividades é a cuñaxe de medallas conmemorativas, que superan xa as 85, moitas delas dedicadas a nimismáticos suecos dos últimos catro séculos.[1][5]

Entre os membros honorarios da Sociedade figuran personaxes tan salientables da numismática internacional como John Evans e Philip Grierson (Inglaterra), Brita Malmer (Suecia) ou Vera Hartz (Alemaña).[6]

Presidentes da entidade

editar
 
August Wilhelm Stiernstedt, primeiro presidente da Sociedade Numismática Sueca

Estes son os presidentes da Sociedade Numismática Sueca desde a súa fundación en 1873 ata os nosos días:[7]

Premios outorgados

editar

Á parte de diversas bolsas económicas e premios menores para os seus asociados, a Sociedade Numismática Sueca concede dous premios de relevancia internacional:[8]

Medalla Gustav VI Adolf

editar

Medalla á investigación numismática. Con motivo do centenario da institución, a SNF instituíu este galardón en 1973, que leva o nome do monarca sueco co seu consentimento oficial. Inicialmente a medalla era de ouro e a partir de 1981 comezou a facerse en prata dourada. Entrégase anualmente, unicamente se se considera que se dan motivos excepcionais para o facer, a unha persoa sueca destacada polas súas investigacións numismáticas ou ben a unha estranxeira que se distinguise polas súas investigacións sobre a moeda nórdica, preferiblemente sueca. [9]

Medalla Elias Brenner

editar
Artigo principal: Medalla Elias Brenner.

Medalla ao mérito numismático. Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia. De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro.[10]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Welcome to SNF". Svenska Numismatiska Föreningen.
  2. "Styrelsen för Svenska Numismatiska Föreningen 2019". Svenska Numismatiska Föreningen.
  3. "SNT, Svensk Numismatisk Tidskrift". Svenska Numismatiska Föreningen.
  4. "Numismatiska Meddelanden". Svenska Numismatiska Föreningen.
  5. "SNF:s medaljer 1873 - 2014". Svenska Numismatiska Föreningen.
  6. "SNF:s hedersledamöter". Svenska Numismatiska Föreningen.
  7. "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen.
  8. "Belöningar och stipendier". Svenska Numismatiska Föreningen.
  9. "SNF:s Gustav VI Adolf-medalj för framstående numismatisk forskning". Svenska Numismatiska Föreningen.
  10. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar