Medalla Elias Brenner

premio numismático

A medalla Elias Brenner é un recoñecemento ao mérito numismático outorgado pola Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen –SNF–).[1]

Medalla Elias Brenner
Outorgada pola Sociedade Numismática Sueca
Tipo Ao mérito numismático.
Graos Único.
Elixibilidade Numismáticos suecos e estranxeiros.
Outorgada por Promoción do coñecemento da numismática sueca.
Estado Suecia
Descrición Medalla de prata.
Estadísticas
Establecida 1976
Primeira outorgada 1976 (Vera Ekström)
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

Concesión editar

Trátase dunha medalla de prata que a xunta directiva da Sociedade concede anualmente, desde 1976, a un ou varios cidadáns suecos ou estranxeiros distinguidos pola promoción do coñecemento da numismática en Suecia.[1]

De concorreren razóns extraordinarias, a medalla pode entregarse bañada en ouro (Vera Ekström, 1977; Torgny Lingren, 1981).[1]

Caracterización editar

A medalla de prata foi creada en 1976 polo medallista franco-sueco Léo Holmgren. O seu anverso reproduce o retrato do numismático sueco Elias Brenner (1647-1717) realizado polo gravador Adolf Lindberg (1839-1916), coa lenda dividida en tres seccións: ELIAS BRENNER na súa parte superior: NAT[us]. MDCXLVII OB[iit]. MDCCXVII ás beiras, e NUMMOS SUECICOS PRIMUS COLLEGIT & EXPLICAVIT no exergo.[1]

No seu reverso amósase o emblema da Sociedade Numismática Sueca e, tres coroas unidas nun anel, rodeado pola lenda SOCIETAS NUMISMATICA SUECICA CONDITA ANNO MDCCCLXXIII, e no medio PRO / MERITIS.[1]

Galardoados editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar