Elias Brenner

Debuxante, miniaturista e numismático sueco

Elias Brenner, nado na parroquia de Storkyro na provincia de Ostrobotnia, (Finlandia) o 18 de abril de 1647 e finado o 16 de xaneiro de 1717, foi un artista sueco finés, debuxante e anticuario. Foi especialmente coñecido polo seu traballo como miniaturista de retratos e numismático.[1]

Elias Brenner
Elias Brenner.jpg
Nacemento18 de abril de 1647
Lugar de nacementoIsokyrö e Ostrobothnia County
Falecemento16 de xaneiro de 1717
Lugar de falecementoStockholm City
NacionalidadeSuecia e Sweden-Finland
Alma máterUniversidade de Uppsala
Ocupaciónpintor, heraldista, arqueólogo, historiador, gravador de cobre, numismático e gravador
PaiIsak Brenner
CónxuxeSophia Elisabeth Brenner
FillosCarl de Brenner e Susanna Elisabeth Brenner
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un dos vinte fillos do vigairo Isaacus Henrici Brennerus e Susanna Werenberg. Acudiu á escola en Nykarleby e Pori. En 1663, matriculouse na Universidade de Uppsala onde estudou teoloxía e despois arqueoloxía. En 1668, entrou como debuxante ao servizo do Colexio da Antigüidade (Antikvitetskollegium) que fora creado nesa cidade polo rei Gustavo II Adolfo, no ano anterior.

Posteriormente, converteuse en asistente técnico e traballou principalmente para Johan Hadorph (1630-1693) que foi director xeral da Xunta de Patrimonio Nacional de Suecia (Riksantikvarieämbetet). En 1672, renunicou ao seu cargo para participar como miniaturista de retratos e levar a cabo investigacións como nunimatista. En 1673, viaxou con Hadorph para se uniren ao rei Carlos XI de Suecia no seu prolongado Eriksgata que incluíu unha viaxe a Copenhague.[2][3][4] En 1677, foi nomeado pintor en miniatura na Corte Real de Suecia onde continuou a pintar até a súa morte en 1717.

ThesaurusEditar

En 1691, publicouse o seu gran traballo sobre moedas suecas Thesaurus nummorum Sveo-Gothicorum. No ano seguinte o goberno comezou a difundilo, a escala limitada, como agasallo a dignatarios e profesionais. A súa acollida foi moi boa e o libro foi mencionado con eloxios na prensa estranxeira. Brenner foi nomeado membro extraordinario do Colexio de Antigüidade sueco en 1692 e recibiu unha considerable subvención anual polo seu traballo de "grande elaboración e perfección". Ao ano seguinte, foi nomeado asesor alí cun soldo do goberno. Catorce anos despois da súa morte, Nils Piping emitiu unha nova edición modificada de Thesaurus. O número de imaxes aumentou entón de 431 a 574 e se engadiron as súas coleccións e as historias dos coleccionistas suecos.

Vida persoalEditar

Brenner casou en dúas ocasións. En 1676, casou con Erengerd Stamm (1656–1679) e, en 1680 casou coa escritora sueca, poetisa e anfitrioa, Sophia Elisabet Brenner (1659–1730). Morreu en Estocolmo durante 1717 e foi enterrado na Riddarholmskyrkan en Estocolmo.[5]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Vennberg, Erik. "Elias Brenner". sok.riksarkivet.se (en sueco). Consultado o 18 de nivembro de 2020. 
  2. "Antikvitetskollegiet och Antikvitetsarkivet (1666 – 1785)". sok.riksarkivet.se (en sueco). Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  3. Liedgren, Jan. "Johan Hadorph". sok.riksarkivet.se (en sueco). Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  4. Meijer, Bernhard (ed.) (1904). "Antikvarie - Antillerna". Nordisk familjebok (en noruegués). Estocolmo: Uggleupplagan. pp. 1139–1140. 
  5. Castrén, Gunnar. "Sophia Elisabet Brenner (f. Weber)". sok.riksarkivet.se (en sueco). Consultado o 18 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar