Nils J. Lindberg

numismático finlandés

Nils J. Lindberg, nado en 1926 en Helsinqui, foi un industrial papeleiro e coleccionista numismático finlandés.

Infotaula de personaNils J. Lindberg
Biografía
Nacemento1926
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandesa.
Educación Universidade Politécnica de Helsinqui.
Coñecido porColeccionista de moeda finlandesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e industria papeleira.
Premios
- (1984): Medalla Pro Numismatica (SNY).
- (2000): Medalla Örnhjelm (SNY).
- (2004): Insignia de ouro (SNY).
- (2012): Medalla Elias Brenner (SNF).

Traxectoria

editar

Tras concluír a súa educación secundaria en 1943, Lindberg graduouse cun mestrado en enxeñaría en 1947 na Universidade Politécnica de Helsinqui. Logo duns anos de investigación sobre a produción de papel en Finlandia, Suecia e os Estados Unidos, Lindberg ingresou en 1958 na Asociación Finlandesa da Industria Papeleira (Finnpap) como director técnico, e en 1960 promoveu a creación do Museo Finlandés do Papel.[1] Durante tres décadas estivo vinculado profesionalmente á exportación de papel, ata que en 1988 se xubilou e comezou a dedicarse plenamente á investigación. En 1999 acadou o doutoramento en historia económica na Universidade de Jyväskylä, cunha tese titulada Paper comes to the North: sources and trade routes of paper in the Baltic Sea region 1350-1700: a study based on watermark research.[2][3]

O seu interese pola numismática comezou a principios da década de 1960, cando comezou a súa colección de moeda finlandesa. En 1965 ingresou na Asociación Numismática Finlandesa, da que foi elixido vicepresidente en 1971 e presidente entre 1975 e 1983.[2][3][4]

Entre as investigacións de Lindberg no ámbito numismático é salientable a que versa sobre as fichas comerciais de ferro da época en que Finlandia estaba baixo dominio Sueco, que deron lugar ao artigo de 2004 titulado "En kartläggning av brukspolletter i Finland" ("Rastrexo de fichas comerciais en Finlandia").[3][5][6]

A súa colección de moedas comezou a forxarse a mediados da década de 1960, fundamentalmente con moedas suecas e especificamente con táleros, o que o levou a publicar unha monografía sobre estas moedas en 1976: Riksdalrar präglade i Sverige ("Riksdaler cuñados en Suecia").[5] Posteriormente interesouse por tipoloxías de moedas moi diversas, entre elas as da cidade finlandesa de Turku.[7] A parte máis importante da súa colección formouse entre as décadas de 1960 e de 1970.[2][3]

A súa colección chegou a estar constituída por arredor de 600 pezas de gran calidade, correspondentes á numismática sueca e finlandesa. Finalmente, a súa primeira parte vendeuse en poxa pública en Estocolmo pola Asociación Numismática Finlandesa o 23 de maio de 2015, e a segunda parte o 21 de maio do ano seguinte.[8][9]

Recoñecementos

editar

En 1986, a Asociación Numismática Finlandesa emitiu unha medalla para conmemorar o 60 aniversario de Lindberg, deseñada polo medallista Kauko Räsänen (1926-2015).[2][3]

Publicacións

editar

Esta é unha escolma das monografías máis representativas de Nils J. Lindberg:[13]

  • (1949). Om användningen av organiska kvicksilverföreningar för bekämpande av mikroorganismer i träsliperier och pappersbruk ["Sobre o uso de compostos orgánicos de mercurio para o control de microorganismos na trituración de madeira e a fabricación de papel"]. Trämasseindustriens centrallab, Estocolmo.
  • (1976). Riksdalrar präglade i Sverige ["Riksdaler cuñados en Suecia"]. Frenckell, Helsinqui.
  • (1998). Paper comes to the North. Sources and trade routes of paper in the Baltic Sea Region 1350-1700. A study based on watermark research. International Association of papers historians, Marburg. ISBN 9789529097944
  1. Nota biográfica no anuncio dunha das súas obras. En Nordisk Pappershistorisk Tidskrift. Nº1. 1998. Föreningen Nordiska Pappershistoriker. Páxina 19. ISSN 0348-9531
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Männistö, H. (2016) Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 9
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Männistö, H. (2016) Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 16.
  4. SNY Yhteenveto 1914-2020. Suomen Numismaattinen Yhdistys ry. 2020. Páxinas 6-7.
  5. 5,0 5,1 Männistö, H. (2016) Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 10.
  6. Lindberg, L. J. (2004). "En kartläggning av brukspolletter i Finland". En Talvio, T. Rahojen parissa: Suomen numismaattinen yhdistys 1914-2004. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 952-99333-0-4
  7. "The Nils J. Lindberg Collection". Myntauktioner i Sverige AB.
  8. "Kända samlingar – Lindberg, Nils J. (1926-)". Falcoin.se
  9. Männistö, H. (2016) Arquivado 24 de marzo de 2021 en Wayback Machine.. Páxina 17.
  10. SNY Yhteenveto 1914-2020. Suomen Numismaattinen Yhdistys ry. 2020. Páxina 15.
  11. 11,0 11,1 SNY Yhteenveto 1914-2020. Suomen Numismaattinen Yhdistys ry. 2020. Páxina 16.
  12. "SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen.
  13. "Lindberg, Nils J. 1926-". WorldCat Identities.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar