Asociación Numismática Finlandesa

Non confundir con Sociedade Numismática Finlandesa.

A Asociación Numismática Finlandesa (en finés: Suomen Numismaattinen Yhdistys SNY; en sueco Numismatiska Föreningen i Finland r.y.) é unha entidade asociativa fundada en 1914 co obxectivo de unir os investigadores e os coleccionistas de moedas, medallas e obxectos afíns de Finlandia, e promover a ciencia numismática e a arte da medalla finlandesa.[1]

Asociación Numismática Finlandesa
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Data de fundación1914
SedeEtu-Töölö
PaísFinlandia
Na rede
https://snynumis.fi/
editar datos en Wikidata ]

Ten a súa sede en Helsinqui, e conta con máis de 1.500 afiliados.[1] O seu presidente é Petteri Järvi.[2]

A SNY é unha das 23 asociacións numismáticas que se integran na Sociedade Numismática Finlandesa (Suomen Numismaatikkoliitto ry SN).[1][3]

Trátase da asociación máis antiga no seu ámbito e tamén a de maior número de afiliados e a que ten unha área de operacións máis grande. Ademais da súa actuación en Finlandia, a SNY foi unha das entidades fundadoras da Unión Numismática Nórdica en 1936.[1]

A Asociación organizou poxas numismáticas desde o mesmo ano da súa fundación. Ademais emite medallas e promove conferencias, visitas, exposicións e outras actividades educativas e editoriais no ámbito da numismática, entre elas a publicación, desde 1976, de Numismaattinen aikakauslehti ("Revista numismática"), cunha periodicidade de entre 4 e 5 números anuais.[1][4][5]

Publicacións editar

  • Talvio, Tuukka (1994). Tutkijoita, keräilijöitä ja lahjoittajia: Suomalaisia numismaatikkoja 1700-1917 ["Investigadores, coleccionistas e doadores. Numismáticos finlandeses 1700-1917"]. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 9789519523637.
  • Talvio, Tuukka (2004). Rahojen parissa: Suomen numismaattinen yhdistys 1914-2004 ["Sobre a moeda: Asociación Numismática Finlandesa 1914-2004"]. Suomen numismaattinen yhdistys, Helsinqui. ISBN 952-99333-0-4

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Suomen Numismaattinen Yhdistys". Sitio web da SNY.
  2. "Hallitus". Sitio web da SNY.
  3. Asociacións que conforman a SN". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
  4. "Numismaattinen aikakauslehti". Sitio web de SNY.
  5. Índice de artigos de Numismaattinen aikakauslehti desde 1992. Sitio web de SNY.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar