Unión Numismática Nórdica

asociación numismática dos países nórdicos

A Unión Numismática Nórdica (en finés e dinamarqués: Nordisk Numismatisk Union; en sueco: Nordisk numismatisk union; NNU) é unha entidade asociativa que integra diferentes asociacións e sociedades numismáticas de varios países nórdicos.

Unión Numismática Nórdica
Tiposociedade científica
Área de operaciónpaíses nórdicos
Data de fundación1935
editar datos en Wikidata ]

Historia e composición editar

A Unión Numismática Nórdica fundouse en Copenhague, Dinamarca, o 27 de novembro de 1935, e inicialmente estaba constituída por catro gabinetes numismáticos e por cinco asociacións numismáticas de Suecia, Noruega, Dinamarca e Finlandia. A estas cinco uníronselles posteriormente as asociacións de Islandia, das Illas Feroe e de Turku:[1][2]

Asociacións numismáticas editar

  • Asociación Numismática Dinamarquesa (Dansk Numismatisk Forening).
  • Asociación de Coleccionistas de Moedas das Illas Feroe (Føroya myntsafnarafelag).
  • Fondo Monetario Islandés (Myntsafnarafélag Islands).
  • Asociación Numismática Norueguesa (Norsk Numismatisk Forening).
  • Asociación Numismática de Turku (Numismatiska Föreningen i Åbo).
  • Asociación Numismática Finlandesa (Suomen Numismaattinen Yhdistys).
  • Asociación Numismática de Skåne (Skånes numismatiska förening).
  • Sociedade Numismática Sueca (Svenska numismatiska föreningen).

Gabinetes numismáticos editar

Revistas editar

A NNU é a responsable de dúas publicacións periódicas:

  • Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad NNUM ("Revista dos membros da NNU"), creada en 1936. Publica arredor de 10 números anuais.[4][5]
  • Nordisk Numismatisk Årsskrift NNÅ ("Anuario Numismático Nórdico"). Publicouse anualmente entre 1936 e finais da década de 1970 e, a partir de aí, con carácter esporádico.[6][7]

Encontros editar

A unión celebra un encontro conxunto cunha periodicidade de entre dous e catro anos, nun dos países nórdicos. Os máis recentes foron os seguintes:[2]

Notas editar

  1. "Nordisk Numismatisk Union". Danskmoent.dk
  2. 2,0 2,1 "Nordisk Numismatisk Union och våra nordiska systerföreningar". Skånes Numismatiska Förening.
  3. Mäkeler, H. (2015). "Uppsala universitets myntkabinett nu och i framtiden". En Nordisk Numismatisk Unions Medlemsblad. Nº 1. Páxinas 13-18.
  4. "Nordisk numismatisk årsskrift". JYKDOK-Finna.
  5. "Nordisk Numismatisk Unions medlemsblad". WorldCat.
  6. "Nordisk Numismatisk Årsskrift (NNÅ)". Danskmoent.dk
  7. "Nordisk numismatisk årsskrift". JYKDOK-Finna.
  8. "Nytt från Nordisk Numismatisk Union". Svenska Numismatiska Föreningen.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar