Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala

gabinete e museo numismático
Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete e Gabinete numismático.

O Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala (en sueco: Uppsala universitets myntkabinett) é unha institución científica e museística pertencente a esa universidade, que acolle unha das coleccións públicas de moedas e medallas de Suecia. Ten a súa sede no edificio principal da Universidade de Uppsala.[1]

Gabinete Numismatico da Universidade de Uppsala
––Uppsala universitets myntkabinett––
Edificio principal da Universidade de Uppsala,
sede do Gabinete Numismático.


Coordenadas59°51′27″N 17°37′46″L / 59.85750, -17.62944
PaísAlemaña Alemaña
Cidade Uppsala
InauguraciónSéculo XVII
Na rede
http://www.gustavianum.uu.se/coincabinet/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

As orixes da colección remóntanse ao século XVII. Algúns dos primeiros obxectos que comezaron a conformala foron as moedas e as medallas provenientes do gabinete de arte e antigüidades de Augsburgo, que lle foi doado á Universidade de Uppsala en 1694 polo rei Carlos XI.[2].[3]

Máis tarde, a colección viuse ampliada ao recibir algunhas doazóns salientables, como a da raíña Luísa Ulrica de Prusia. Particularmente significativa foi a achega de Carl Didrik Ehrenpreus (1692-1760), reitor da universidade, á que lle vendeu a baixo prezo a súa colección de 3.000 moedas e medallas e ademais lle doou 120 varas rúnicas para a biblioteca.[4]

O primeiro estudo sobre numismática na Universidade de Uppsala publicouse en 1679.[5] A partir dese momento, editáronse máis de cincuentra traballos sobre a moeda e a historia monetaria.[6]

A colección editar

 
Vitrinas na exposición permanente do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala

A colección abrangue arredor de 40.000 obxectos, desde moedas do século VI a. de C. ata o diñeiro electrónico actual.[7]

É particularmente relevante a sección de moedas e medallas antigas de Suecia, xunto coas coleccións de moeda da época viquinga, as primeiras moedas dos estados europeos e as moedas do mundo islámico.[7]

A finalidade principal do Gabinete é o apoio á investigación e á formación en materia numismática na Universidade de Uppsala, motivo polo que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte dos fondos que posúe.[7]

Notas editar

  1. Mäkeler, H. (2015).
  2. "The Augsburg Art Cabinet". www.gustavianum.uu.se (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 10 de febreiro de 2021. 
  3. "About us Arquivado 18 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Uppsala University Coin Cabinet.
  4. "Carl Didric Ehrenpreus". Svenskt biografiskt lexikon.
  5. Disputatio politica de nummo. Uppsala, 1679.
  6. "Dissertations on numismatics and monetary history Arquivado 30 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Uppsala Universitet.
  7. 7,0 7,1 7,2 "Collections Arquivado 26 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Uppsala University Coin Cabinet.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar