Sociedade Numismática Finlandesa

asociación numismática
Non confundir con Asociación Numismática Finlandesa.

A Sociedade Numismática Finlandesa (en finés: Suomen Numismaatikkoliitto ry) é unha entidade asociativa fundada en 1970 que agrupa as 23 asociacións numismáticas de carácter local existentes en Finlandia.[1][2]

Sociedade Numismática Finlandesa
Tiposociedade científica
Campo de traballonumismática
Área de operaciónFinlandia
Data de fundación1970
SedeHelsinqui
PaísFinlandia
Na rede
http://www.numismaatikko.fi
editar datos en Wikidata ]

O seu presidente é Erkki Lähderanta.[3]

Actividade editar

A súa misión principal é a defensa das asociacións que forman parte dela e a promoción da investigación en materia numismática.[1] Consonte os seus estatutos, as actuacións da Sociedade van encamiñadas a:[4]

  • Apoio a actividades de investigación.
  • Participación en actividades educativas, mediante exposicións e publicacións.
  • Participación no proceso de decisión do deseño e a fabricación dos instrumentos de pagamento en Finlandia.
  • Mantemento de contacos coas administracións.
  • Mantemento de contactos entre as asociacións que a compoñen, así como con outras sociedades estranxeiras.
  • Organización de exposicións numismáticas.
  • Promoción da arte da medalla.

A sociedade edita a revista Numismaatikko, con periodicidade bimensual, onde se publican artigos sobre diversos aspectos da numismática e na que se inclúen as listaxes de lotes das poxas promovidas pola Sociedade.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Finnish Association of Numismatic Societies". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
  2. Asociacións que conforman a Sociedade". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
  3. "Xunta directiva da Sociedade (2000)". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
  4. Estatutos da Sociedade. Suomen Numismaatikkoliitto ry.
  5. Revista Numismaatikko". Suomen Numismaatikkoliitto ry.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar