August Wilhelm Stiernstedt

numismático e heraldista sueco


August Wilhelm Stiernstedt, nado en Estocolmo o 14 de decembro de 1812 e finado en Pohja, Finlandia, foi un barón sueco, numismático e heraldista nacional, primeiro presidente da Sociedade Numismática Sueca.

Modelo:BiografíaAugust Wilhelm Stiernstedt


Biografía
Nacemento14 de decembro de 1812
Estocolmo, Condado de Estocolmo.
Morte20 de setembro de 1880 (67 anos)
Pohja, Uusimaa.
País de nacionalidade Sueco.
Educación Universidade de Uppsala.
Actividade
OcupaciónNumismático e heraldista.
Membro de
Sociedade Numismática Sueca.
Academia Sueca de Agricultura.
Sociedade Fisiográfica de Lund.
Real Sociedade de Ciencias e Letras de Gotemburgo.
Real Sociedade Histórica Nórdica de Copenhague.
Familia
CónxuxeUlrika Maria Agnes Liljencrantz. Editar o valor en Wikidata
PaisSamuel Peter Stiernstedt Editar o valor en Wikidata  e Sofia Charlotta von Gedda. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

August Wilhelm Stiernstedt naceu en Estocolmo en 1812,[1][2][3] fillo da baronesa Sofia Charlotta von Gedda e do barón maior Samuel Peter Stiernstedt.[4][5][6]

Cursou os seus estudos superiores de Dereito na Universidade de Uppsala a partir do 1 de outubro de 1829. En 1832 arobou o exame de avogacía e licenciouse en 1833, o que o habilitou para participar en procedementos xudiciais.[1][2][3][5][6]

Traxectoria erudita e profesional

editar

En 1834 foi nomeado secretario extraordinario do Tribunal de Apelación de Svea e tamén secretario extraordinario da Auditoría de Xustiza e Expedicións Eclesiásticas. En 1836 ingresou como membro do Tribunal Civil Inferior e en 1842 do Tribunal Civil Superior, mais en 1843 abandonou todas as súas funcións oficiais para viaxar e se dedicar por completo aos estudos heráldicos e numismáticos.[2][3][5][6]

En 1849 foi nomeado camarlengo, en 1852 mestre de cerimonias e en 1855 heraldo do reino (ata 1861) e heraldista do reino.[1][2] Como numismático, Stiernstedt foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Sueca e o seu presidente desde su fundación en 1873 ata o momento da súa morte.[3][5][6][7]

Na súa condición de membro da nobreza sueca, Stiernstedt participou no Parlamento Sueco (Riksdag) durante o período 1844-1866, onde presidiu a Comisión de Expedicións (1847-1848) e foi membro doutras, como a constitucional ou a de banca.[5]

Entre outras sociedades eruditas e entidades do ámbito asociativo, Stiernstedt foi membro da Academia Sueca de Agricultura (1865), da Sociedade Fisiográfica de Lund (1868), da Real Sociedade de Ciencias e Letras de Gotemburgo (1874) e da Real Sociedade Histórica Nórdica de Copenhague (1857), entre outras.[3]

Coleccionista numismático

editar

Ademais do interese erudito pola numismática, Stiernstedt foi un ávido coleccionista de moedas, tanto antigas como contemporáneas, dos países nórdicos. A súa colección foi adquirida logo do seu falecemento, en 1884, polo médico finlandés Herman Frithiof Antell, a través da axencia de H. Bukowski.[5]

Finalmente, Antell, que faleceu en 1893, doou a colección ao Estado finlandés, e pasou a ser conservada e xestionada polo Gabinete de Moedas do Museo Nacional de Finlandia.[5]

Vida persoal

editar

August Wilhelm Stiernstedt contraeu matrimonio o 8 de xullo de 1845 en Estocolmo coa baronesa Ulrika Maria Agnes Liljencrantz (1823-1897).[1][5][6]

Finou o 20 de setembro de 1880,[1] por causa do tifo cando estaba temporalmente en Brödtorp, no municipio finlandés de Pohja.[2][3][5][6] Foi soterrado no cemiterio de Solna, no condado de Estocolmo.[4]

Stiernstedt era tío do escritor August Stiernstedt.[8]

 
Medalla na honra de August Wilhelm Stiernstedt creada por Adolf Lindberg.

Bibliografía

editar

Stiernstedt foi autor de numerosos artigos e contribucións de carácter heráldico, histórico, numismático e político, e tamén de varias entradas sobre temas numismáticos para a enciclopedia sueca Nordisk familjebok. Así mesmo, publicou unha boa cantidade de traballos monográficos.[5]

Escolma de monografías

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar