Concello de Solna
Coordenadas: 59°21′N 18°00′L / 59.350, -18.000
Concello de Solna Solna kommun | |
![]() | |
Casa do concello | |
![]() | |
Escudo | |
País | ![]() |
Landskap | Uppland |
Condado | Estocolmo |
Capital | Solna |
Área e poboación | |
Poboación | 84 620 habitantes |
Censo | 2022 |
Área | 21,66 km² |
Densidade | 4 389 hab./km² |
Mapa | |
![]() | |
Outros datos | |
Web | solna.se |
Solna é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo,[1] situado xusto ao norte do centro da cidade de Estocolmo. A súa capital é Solna e a meirande parte das densamente poboadas áreas do concello forman parte da área urbana de Estocolmo,[2] coa excepción de Sörentorp (coa antiga academia de policía) que no ano 2015 separouse de Estocolmo e incluíuse na agolomeración urbana de Upplands Väsby e Sollentuna.
Solna é o terceiro concello máis pequeno de Suecia en extensión, cunha superficie de tan só 20 km². En termos de poboación Solna é o 27º municipio máis grande do país, con 84 620 habitantes en 2022.[3]
O municipio de Solna está no sur do landskap de Uppland. Ao sueste, sur e suroeste limita co concello de Estocolmo, ao oeste co de Sundbyberg, ao noroeste co de Sollentuna e ao nordés co municipio de Danderyd, todos eles no condado de Estocolmo.
Notas Editar
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Tätorter 2010". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-27.