Artigo enciclopédico

parte dunha enciclopedia, ás veces considerada unha obra de referencia por si mesma

Un artigo enciclopédico é un texto escrito, de carácter informativo, destinado a explicar un concepto segundo patróns descritivos sistemáticos, determinados pola obra de referencia da cal fai parte: como nun dicionario ou unha enciclopedia. O artigo está esencialmente destinado á consulta e aborda conceptos ben estabelecidos nalgún paradigma académico ou científico, no canto de entrar en polémicas referentes a categorías teóricas discutíbeis.