Hans Hildebrand

arqueólogo e numismático sueco


Hans Olof Hildebrand, nado en Estocolmo o 5 de abril de 1842 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1913, foi un anticuario, arqueólogo e numismático sueco, que presidiu a Sociedade Numismática Sueca (1881-1883) e foi responsable da Dirección Nacional de Patrimonio (1879-1907).

Infotaula de personaHans Hildebrand

Hans Hildebrand
nun óleo de Elisabeth Warling (1897)

Biografía
NacementoHans Olof Hildebrand Hildebrand.
5 de abril de 1842
Estocolmo.
Morte2 de febreiro de 1913 (70 anos)
Estocolmo.
Lugar de sepulturaCemiterio de Solna. 
Cargos
Presidente da Sociedade Numismática Sueca
Período1881 – 1883
Director Nacional de Patrimonio de Suecia
Período1879 – 1907
Datos persoais
País de nacionalidade Sueco.
Educación Universidade de Uppsala.
Tese académica"O pobo sueco na época pagá" (1866).
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
OcupaciónArqueólogo e numismático.
Membro de
Real Academia das Ciencias de Suecia.
Academia Sueca.
Academia de Ciencias de Hungría.
Academia de Ciencias de Rusia.
LinguaSueco.
Familia
CónxuxeElin Maria Charlotta Martin.
FillosKarl Hildebrand e Hedvig Elisabeth Carlander.
PaisBror Emil Hildebrand.  e Anna Mathilda Ekecrantz
IrmánsEmil Hildebrand (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

É recoñecido internacionalmente como un dos pioneiros da técnica arqueolóxica da tipoloxía. Traballou tanto en arqueoloxía como en numismática, principalmente da Idade Media, e xunto co seu pai e o seu colega Oscar Montelius (1843-1921),[1] está considerado un dos pais da arqueoloxía sueca.

Traxectoria

editar

Primeiros anos e formación

editar

Hans Hildebrand naceu en 1842 na parroquia de María Madalena, na illa Södermalm de Estocolmo, fillo de Anna Mathilda Ekecrantz e de Bror Emil Hildebrand. O seu irmán foi o historiador Emil Hildebrand (1848-1919).[2][3][4]

Logo da súa educación primaria na Maria Skola e os estudos secundarios no Instituto Superior de Estocolmo (Stokholms Gymnasium),[5] Hildebrand ingresou en 1860 na Universidade de Uppsala, onde se formou en linguas e en historia medieval. Nesa universidade licenciouse en Filosofía en 1865 e o ano seguinte acadou o seu doutoramento, cunha tese titulada Svenska folket under hedna tiden ("O pobo sueco na época pagá"), pola que foi recoñecido co premio Geijer. Nela defendía unha diferenza étnica entre os suecos e os godos, que aínda que se demostrou insustentable, foi moi relevante para a arqueoloxía desde o punto de vista metodolóxico, ao se remitir aos achados antigos como fontes primarias.[2]

Durante os anos 1870 e 1871 realizou unha viaxe por Alemaña, Bélxica e Italia coa bolsa de estudos Letterstedtska, da Real Academia das Ciencias de Suecia.[2]

Carreira profesional e intelectual

editar

No Congreso Internacional de Arqueólogos celebrado en Estocolmo en 1874, Hildebrand actuou como secretario xeral.[2]

Desde 1895 ata o seu falecemento, Hildebrand foi director xeral da Academia Sueca.[6] De 1879 a 1907 exerceu tamén como secretario da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades, e nese mesmo período responsabilizouse igualmente da Dirección Nacional do Patrimonio (Riksantikvarieämbetet). Durante a súa estadía na Academia das Letras contribuíu á fundación da revista Fornvännen, e en 1880 creou o Arquivo Topográfico Anticuario, un estudo arqueolóxico de Suecia, ordenado por paisaxes, distritos e parroquias.[2]

En 1896 pronunciou unha das conferencias Rhind, da Sociedade de Anticuarios de Escocia, acerca das "As artes industriais de Escandinavia na época pagá".[7][8]

 
Hans Hildebrand ao pé da pedra de Rök (1872).[9]

No terreo da numismática, Hildebrand participou no Congreso Internacional de Numismática de Bruxelas de 1891. A súa principal contribución a esta disciplina céntrase nas moedas medievais suecas, onde destaca o seu estudo de 1887 titulado Sveriges mynt under medeltiden ("Moedas suecas na Idade Media").[10] Tamén foi xefe do gabinete numismático do Riksbank sueco e fixo varias publicacións acerca das coleccións desta entidade.[2] Entre 1881 e 1883 presidiu a Sociedade Numismática Sueca.[11]

O seu labor na arqueoloxía e na numismática outorgoulle un amplo recoñecemento internacional. Foi comisionado sueco na Exposición Xeográfica de Venecia en 1881 e desempeñou un importante papel na Sociedade Sueca de Antropoloxía e Xeografía,[12] da que foi secretario de 1878 a 1879, presidente en 1888 e vicepresidente en 1895. Na Sociedade Real para a Publicación de Manuscritos Relacionados coa Historia de Escandinavia foi secretario durante 30 anos, entre 1866 e 1896.[2]

En 1891 foi elixido membro da Real Academia das Ciencias de Suecia, entidade que presidiu entre 1909 e 1910.[2] Tamén formou parte da Academia Rusa de Ciencias, en San Petersburgo.[13]

Por outra banda, Hildebrand contribuíu ao desenvolvemento do movemento feminista, como orador durante dúas décadas (1884-1903) na Asociación Fredrika Bremer, fundada por Sophie Adlersparre, e asinou unha declaración sindical en 1899 favorable ao sufraxio feminino. Por outra banda, tamén traballou intensamente como portavoz da Asociación Sueca de Turismo durante máis de 20 anos (1887-1909).[2]

 
Tumba de Hans Hildebrand no cemiterio de Solna.

Vida persoal

editar

Hildebrand casou en 1867 con Elin Maria Charlotta Martin (1845-1923), con quen tivo sete fillos, entre eles o historiador Karl Hildebrand (1870-1952) e a filántropa Hedvig Elisabeth Carlander (1875-1961)—.[3][14][15]

Hans Hildebrand finou en Estocolmo o 2 de febreiro de 1913.[2][3]

Publicacións

editar

Hildebrand foi un autor prolífico, con máis de 200 referencias, entre artigos e colaboracións diversas, publicados sinaladamente na década de 1870 e na primeira parte da de 1880 en revistas como Antiqvarisk tidskrift ou a Månadsblad da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades. Abordou unha ampla gama de temas, desde a prehistoria ata a Idade Media, como a arqueoloxía, numismática, exiptoloxía, etnografía, antropoloxía, historia da relixión, lingüística, runoloxía, historia da arte, heráldica, sixilografía, historia moderna etc.[2][12]

Así mesmo, Hildebrand foi autor dun bo número de traballos monográficos:[16]

 
Busto en xeso de Hans Hildebrand, por Teodor Lundberg (ca. 1910).

Escolma de monografías

editar
  1. "Oscar Montelius". Store Norske Lekxikon (SNL.no).
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Hildebrand, B. (1971).
  3. 3,0 3,1 3,2 "Hans Olof Hildebrand". Geni.com
  4. Hildebrand, B. (1971). "H R T Emil Hildebrand". En Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 19. Estocolmo. Páxina 43.
  5. Hildebrand, B. (1943). Páxina 4.
  6. "Ledamotsregister". Svenska Akademien (SvenskaAkademien.se).
  7. "List of 133 Lecturers". The Rhind Lectures. Society of Antiquaries of Scotland.
  8. Véxase "(1883)" en "Publicacións".
  9. "Ög 136. Rökstenen (Fotografi)". Riksantikuarieämbetet (APP.RAA.se).
  10. Véxase "(1887)" en "Bibliografía".
  11. "SNF:s ordföranden genom tiderna". Svenska Numismatiska Föreningen (Numismatik.se).
  12. 12,0 12,1 Westrin, Th. (red.) (1909).
  13. "Гильдебранд Ганс (Ханс) Олаф". RAS.ru
  14. Hildebrand, B. (1971). "Karl E H Hildebrand". En Svenskt biografiskt lexikon. Vol. 19. Estocolmo. Páxina 53.
  15. Carlander, V. (2018). "Hedvig Elisabeth Carlander". En Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (SKBL.se).
  16. "Hildebrand, Hans, 1842-1913". En Libris.kb.se

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Westrin, Th. (red.) (1909). "Hans Olof Hildebrand H.". En Nordisk familjebok. Vol. 11. Páxinas 676-677. Estocolmo.