Växjö
Växjö é unha cidade sueca. É a cidade principal do municipio de Växjö, a capital do Condado de Kronoberg e a sé episcopal da diocese de Växjö. Växjö, que obtivo o título de cidade en 1342, é a 20ª cidade máis grande de Suecia cunha poboación de 59.200 habitantes.
Växjö | |
---|---|
Localización | |
SituaciónEditar
Växjö está situada nun cruzamento de estradas nacionais, e tiña antigamente o lema "A cidade onde os camiños se cruzan".
Växjö está rodeada case totalmente por lagoas.
Nunha reportaxe, a BBC dixo da cidade de Växjö que era a máis verde de Europa. Dende 1993 a cidade reduciu nun 30% as emisións de dióxido de carbono.