Ateneo de Naucratis
Ateneo, nado en Naucratis, Exipto entre os século II e III, foi un erudito grego de quen pouco se sabe máis a quen se lle debe o coñecemento de numerosos autores clásicos.
Ateneo de Naucratis | |
---|---|
Nacemento | c. 170 |
Lugar de nacemento | Naukratis |
Falecemento | 223 |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | escritor, orador e poeta |
Coñecido por | Deipnosophistai |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
O banquete dos sabios, ou Deipnosophistae, é unha escolla de noticias e citas de textos duns 750 autores dos que doutra maneira non se sabería nada. Esta obra chegounos reducida a 15 libros através dun epítome medieval. Ten a forma dun diálogo entre varios eruditos reunidos na casa do rico romano Publio Livio Laurencio. Os temas de que falan inclúen a comida, o luxo, a dieta, a saúde, as relacións sexuais, a pornografía, a música, o humor e a lingüística.