Leptón (moeda)

moeda fraccionaria de Grecia

Leptón, plural lepta (en grego antigo: λεπτόν, pl. λεπτά) é a denominación dada a diversas moedas fraccionarias da Antiga Grecia e da Grecia Moderna, que se mantén como denominación fracción centesimal do euro.[1][2][3][4][5]

Leptón de bronce de Herodes o Grande, cuñado en Xerusalén o século I a. de C.

O seu símbolo de moeda non oficial (xa que non é unha unidade principal) é Λ (lambda).

Historia editar

Na Antiga Grecia editar

 
Leptón de bronce do século I a. de C. emitido por Alexandre Xaneo

A palabra tiña o significado xeral de "pequeno" ou "fino" e, durante os períodos clásico e helenístico, o leptón sempre foi unha moeda de escaso valor, xeralmente a fracción máis pequena das existentes dunha unidade superior (equivalente á sétima parte dun calco ou a medio cuadrante romano).[6][7][8]

A moeda que se menciona na pasaxe da "Ofrenda da viúva" dos Evanxeos sinópticos (Marcos 12:41-44 e Lucas 21:1-4) como "mite" ou pequena moeda de cobre é realmente o leptón.[9][10] Novamente aparece esta moeda no Evanxeo de Lucas cando se afirma que á persoa que non faga as paces a tempo co seu adversario se lle pedirá "ata o derradeiro leptón" para ser liberado da cadea.[11]

... καὶ ἐλθοῦσα μία χήρα πτωχὴ ἔβαλεν λεπτὰ δύο, ὅ ἐστιν κοδράντης. ...

(... e chegou unha viúva pobre e botou dúas moediñas de cobre, ou sexa, un cuadrante ...
-- Marcos 12:42)

No reino dos asmoneos o leptón foi cuñado por vez primeira por Alexandre Xaneo no século I a. de C.

 
Leptón da Grecia moderna cuñado en 1869 a nome de Xurxo I

Na Grecia moderna editar

Na Grecia moderna, o leptón (en grego moderno: λεπτό) foi a moeda fraccionaria equivalente á centésima parte de todas as súas unidades monetarias: o fénix (1827-1832), o dracma (1832-2001) e o euro (a partir de 2002).[12][13]

Notas editar

  1. "Leptón (2) Arquivado 25 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En Digalego.com.
  2. É frecuente ver esta palabra con acentuación aguda ou grave. Tanto o DRAG como o Portal das palabras recollen esta entrada como aguda; malia se referir a outra acepción (partícula física), asumimos ese mesmo criterio, ao ser o mesmo o étimo da palabra.
  3. "Lepton". En Online Etymology Dictionary.
  4. "Lepton". En Mateu y Llopis, F. (1946).
  5. "Lepton". En Amandry (2001).
  6. Equivalencia entre o leptón e o quadrans.
  7. "Lepton (2)". íAlfaro Asins, C. et al. (2009)
  8. "La moneda de bronce en el Mediterráneo clásico". En Numismática Clásica. 2016. "Lepton: esta denominación ofrece dudas sobre sus equivalencias, pero se cita como 1/7 de calco".
  9. "Lepton". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.
  10. Marcos 12:41-44 e Lucas 21:1-4. As diferentes tradicións idiomáticas falan desas dúas pequenas moedas de cobre con denominacións diferentes: versión en galego; versión en inglés; versión en castelán; versión en portugués; versión en francés.
  11. Lucas 12:59. As diferentes tradicións idiomáticas falan desas dúas pequenas moedas de cobre con denominacións diferentes: versión en galego; versión en inglés; versión en castelán; versión en francés.
  12. "λεπτό & λεφτό". En Dictionary of Standard Modern Greek.
  13. "Lepton (1)". Alfaro Asins, C. et al. (2009)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar