Eros

deus do amor na mitoloxía grega


Na mitoloxía grega, Eros é o nome do deus do amor, correspondente ó Cupido na mitoloxía romana.

Modelo:BiografíaEros

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἔρως Editar o valor en Wikidata
Biografía
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
Psique Editar o valor en Wikidata
FillosTrigêmeos filhos de Eros, Hedonê Editar o valor en Wikidata
PaisPoro
Ares
Céfiro
Éter (mitoloxía)
Caos
Erebo Editar o valor en Wikidata  e Pénia
Afrodita
Íris
Eris
Nicte Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnteros
Hímero
Pothos
Nicte
Xea
Erebo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Existen varias versións sobre o nacemento de Eros, aínda que adoita considerarse nacido directamente do Caos, á par que Xea[1] ou do ovo primixenio que puxo Eurínome e que fecundara a serpe Ofión.

"En primeiro lugar existiu, realmente, o Caos. Logo Xea... e Eros, o máis fermoso entre todos os deuses inmortais, desatador de membros, que no peito de tódolos deuses e de tódolos homes a súa mente e prudente decisión somete".
(Hesíodo: Teogonía 117-123)

Segundo outras lendas, era fillo de Ares e Afrodita [2]; ou de Ilitía, de Iris, ou de Hermes e Artemisa [3].

En O banquete, Platón fai dicir a unha das personaxes, Diotima, que Eros sería un elemento intermediario, un semideus que actúaría de intérprete entre os cuestionamentos humanos e os designios divinos, nacido de Poros (o Recurso) e Penía (a Pobreza).

Entre as súas accións, lanza as súas frechas a Heracles, a Apolo [4] (que se burlara del por non saber manexar o arco) e ó propio Zeus.

[Afrodita fala con Eros para que someta a Hades] "Ti sometes e dominas ós celestiais e ó mesmo Xúpiter, ti ós deuses do mar e ó que goberna ós deuses do mar".
(Ovidio: Metamorfosis V, 369-370)

Psique

editar
 
Eros chegando ante Psique, durmida

Especialmente coñecida foi a relación de Eros con Psique, que narra Apuleio [5]. Psique e as súas irmás eran belísimas, pero especialmente Psique, tanto que non casaba polo medo que impuña nos seus pretendentes. O oráculo díxolle ó pai que a vestise de noiva e a deixase nunha montaña, e que un monstro viría a posuiría. Así o fixeron e Psique quedó alá, pero un forte vento levouna ata un val, no que quedou durmida no céspede. Cando acordou estaba no xardín dun gran palacio, onde foi recibida por escravas que dixeron estar ó seu servizo. Ó solpor apareceu o marido profetizado, que lle advertiu que non podía miralo pois, de facelo, perderíao para sempre. Así viviu durante varias semanas, repitíndose o día soa no palacio e a chegada do marido no solpor, co que era feliz. Pero Psique añoraba ós pais, que a creerían morta, e pediu ó marido permiso para volver á súa casa.

Outro vento levouna ata a mesma montaña, e desde alí chegou xunto ós pais e irmás. Cando lles deu os regalos que traía para estas, que, cheas de envexa, a dixeron que agochase unha lámpada para poder ver, cando o seu marido quedase durmido, se era o monstro que dicía o adiviño. Cando regresou fixo o que lle dixeran, e observou que quen estaba na cama era un mozo fermoso, pero coa emoción caeulle unha gota de aceite sobre a perna deste que fixo acordar a Eros (pois Eros era o seu marido) e este fuxiu para sempre.

Psique, sen o seu amor, vagou polo mundo adiante, ata que a capturou Afrodita, indignada pola súa beleza, que a encerrou e atormentou. Obrigouna a descender ó Hades e pedirlle a Perséfone un frasco de Xuvencia, a fonte da eterna xuventude, que non debía abrir de ningún xeito. Pero Psique abriu o frasco e caeu profundamente durmida.

Eros, pola súa banda, era incapaz de esquecer a Psique, e ó vela así durmida foi voando cara a ela e espertouna dun frechazo (ou cun bico, segundo Carmona). Logo pediulle a Zeus poder casar con ela e Zeus aceptou, e casaron. Xa que logo, Afrodita reconciliouse con ela.

Iconografía

editar

É representado normalmente -e como consecuencia da descrición dos poetas- como un neno pequeno (gordecho e de dourados rizos) ou adolescente, que adoita acompañar a Afrodita nas súas aventuras [6]. Tamén se lle representa con ás, aínda que non sempre, e portando o arco e mailas frechas (os seus atributos característicos), que utiliza para sementar o amor (se usa as súas frechas de punta de ouro) e o desamor (se usa, polo contrario, as de punta de chumbo) tanto entre humanos coma nos deuses.

Outros atributos que o identifican son a venda sobre os ollos, que non aparece ata o Renacemento, e que significa que fai perder a razón e a prudencia a quen dispara as súas frechas. Outras veces porta fachos, que simbolizan que é quen de acender o amor. Pode representarse tamén como erotes ou amorcillos, portando fachos, pombas (que significan fecundidade), lazos e xugos (que significan as ataduras do matrimonio).

  1. Para Carmona, non obstante, foi fillo de Xea (px. 23).
  2. Pero hai dous Eros, un é o fillo de Ares e Afrodita, a filla de Urano; e outro, Anteros (o amor contrario), fillo de Ares e Afrodita, filla de Zeus e Díone.
  3. A este é ó que se representa con alas.
  4. "O primeiro amor de Febo [Apolo] foi Dafne, un amor que non produciu o ignorante azar, senón a cruel ira de Cupido" (Ovidio: Metamorfosis I, 452-453).
  5. En Metamorfoses ou O asno de ouro.
  6. "Oh, Venus! Oh, Cupido, que voas xunto á túa tenra nai" (Ovidio IX, 482).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • CARMONA MUELA, Juan: Iconografía clásica. Guía básica para estudiantes. Akal/Istmo, 5ª ed, 3ª reimpr. 2018.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Eros e Psique.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto].