Éter (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, Éter era unha das deidades primoriais, personificación do ceo superior, onde a luz do sol é máis limpa que no ceo máis próximo á terra. É dicir, Éter sería o espazo situado por riba do ceo que vemos: segundo os Himnos homéricos, Helios (o Sol) habita no Éter, e tamén os Ventos soplan desde este lugar. Debe diferenciarse a Éter (esa rexión superior do ceo) do ceo propiamente dito, personificado en Urano.
Éter (mitoloxía) | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Deidades primordiais da mitoloxía grega ![]() |
Venerado por | relixión na Roma antiga e relixión da Grecia Antiga ![]() |
Biografía | |
Sexo | home ![]() |
Familia | |
Nai | Nicte ![]() |
Pai | Erebo ![]() |
Cónxuxe | Hémera e Dies (pt) ![]() ![]() |
Irmá/n | Hémera ![]() |
Fillo/a | Tálassa (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |

Considérase fillo de Érebo (a Escuridade) e Nicte (ou Nix, a Noite), e irmán de Hémera (a luz do Día).
"Do Caos naceron Érebo e a negra Noite. Da Noite, á súa vez, xurdiron Éter e Hémera, ós que enxendrou como froito dos seus amores con Érebo".(Hesíodo: Teogonía 124-126)
Outras tradicións, como recolle Hixino no prólogo ás súas Fábulas [1], narran que Éter se uniu a Hémera (o Día), e que de aí naceron Xea (a Terra), Urano (o Ceo) e Ponto (o Mar). Tamén naceron desta unión diferentes conceptos abstractos, que foron personificados na mitoloxía: a Dor, o Pesar, a Ira, a Astucia, a Mentira, o Xuramento, a Vinganza, o Esquecemento, a Covardía, o Medo, o Incesto, etc. E finalmente, tamén diferentes titáns (como Océano, Temis, Hiperión), e outros moitos personaxes mitolóxicos, como o Tártaro, os Ciclopes e os Hecatonquiros, Atlas, etc.
Segundo Cicerón, Éter era o pai de Xúpiter e de Urano (Grimal).
Notas
editar- ↑ Prólogo a Fábulas, 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
- Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.