Osiris (/oʊˈsaɪrɪs/, do exipcio wsjr, en copto: ⲟⲩⲥⲓⲣⲉ)[2][3] é o deus exipcio dos mortos e do inframundo e era pai de Horus e marido de Isis (deusa da fertilidade). No tempo da civilización antiga do Nilo, Osiris era a deidade primaria dunha relixión henoteísta. Osiris era non soamente o xuíz dos mortos na vida futura, mais tamén o dador de toda a vida, incluíndo a vexetación e a fartura do Nilo. A partir do 2000 antes da nosa era tódolos homes crían estar asociados con Osiris no momento da morte.

Osiris
Deus da morte e do renacemento
Osiris, señor da morte e o renacemento. A súa pel verde escura simboliza o renacemento.
Nome en xeróglifos
Q1
D4
A40
Centro de cultoBusiris, Abidos
SímbolosCaxato e mallo, coroa Atef, plumas de avestruz, peixe, gasa de momia, djed
Información persoal
PaisGeb e Nut;
Ipy[1]
IrmánsIsis, Set, Neftis, Heru-ur
ConsorteIsis
FillosHorus, Anubis (nalgunhas fontes)

Os textos dos sartegos relacionábano co trigo, pois cando a semente morre, renace máis tarde en forma de mazaroca (resurreción). Osiris representa todo o que renace, sobre todo o Nilo, que é un símbolo de rexeneración e fertilidade, polo tanto tamén da natureza.

Os exipcios representábano como un humano momificado cunha coroa branca e dúas plumas.

Seth, que matou Osiris, despezouno, repartiuno e enterrou os anacos do seu corpo en lugares diferentes, para que estivesen separados. Isis, a irmá e esposa de Osiris, foinos recollendo e cosendo un por un ata volver darlle a vida. Este mito foise repetindo ciclicamente, de xeito que o inverno representaba o reinado de Seth e a primavera a estación do regreso de Osiris á vida.

Foi enterrado na cidade de Abydos da cal era padroeiro.

Beb era o seu fillo primoxénito. Tardiamente relacionaríallo con Seker e Ptah para xerar Ptah-Seker-Osiris e identificaríallo con Heryshaf.

Mitoloxía editar

Era o xefe da tríade Osiriaca, formada por Osiris, Isis (a súa muller) e Horus (o seu fillo). O mito de Osiris introduce na relixión as novas ideas do ben e do mal. No mito inicial, Osiris (o ben), é asasinado polo seu irmán Seth (o mal), quen o bota ao Nilo, onde o atopará Isis que axudada do seu sobriño Anubis lle devolve a vida co seu amor. Con esa resurrección establécese o triunfo do ben sobre o mal.

Osiris foi un heroe cultural, rei mítico, fundador da nación exipcia, que ensinou aos homes a civilización, as leis, a agricultura e como adorar os deuses. Morre como home pero resucita como inmortal grazas a Thot. É o responsable de xulgar os mortos na Duat, onde está acompañado por 42 deuses-xuíces (un por cada gnomo) que ditaminarán o que ocorrerá ao defunto.

Osiris é fillo de Geb e Nut, froito dunha cábala amorosa. Cando Rase decátase da infidelidade da súa cónxuxe, decreta a imposibilidade de parilo en ningún mes do ano. Thot, outro amante de Nut, xogando unha partida coa Lúa (Jonsu), conseguiu gañarlle unha 72.ª parte de cada día do ano, coa que compuxo cinco días que engadiu ao ano exipcio de 360 días. É a orixe mítica dos cinco días epagómenos, considerados fóra do ano, e exentos da maldición de Ra. Por iso, Osiris nace o primeiro día deles.

Notas editar

  1. Hart, George (2006-04-21). A Dictionary of Egyptian Gods and Goddesses (en inglés). Routledge. p. 100. ISBN 978-1-134-93012-8. 
  2. "Coptic Dictionary Online". corpling.uis.georgetown.edu. Consultado o 2017-03-17. 
  3. Allen, James P. (2010). Middle Egyptian: An Introduction to the Language and Culture of Hieroglyphs (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9781139486354. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar