Anubis (do grego antigo: Ἄνουβις) é o nome grego do deus asociado coa momificación e co Alén na relixión do Antigo Exipto. Adoitaba ser representado como un cánido ou como un home con cabeza de cánido. Os arqueólogos identificaron o animal sagrado de Anubis co chacal dourado, mais recentes probas xenéticas indican que se trataba do lobo dourado africano.[2][3][4][5]

Anubis
Deus da morte, momificación, embalsamamento e alén
Representación de Anubis.
Nome en xeróglifos
in
p
wE16
Centro de cultoLicópolis, Cinópolis
Símbolosgasa de momia, fetiche, chacal e mallo
Información persoal
PaisNepthys e Set, Osiris (Imperio Medio e Novo), ou Ra (Reino antigo).
IrmánsWepwawet
ConsorteAnput, Nephthys[1]
FillosKebechet
Equivalentes
Equivalente gregoHades ou Hermes

Nome editar

"Anubis" é o termo grego adaptado do nome exipcio do deus.[6] No Imperio Antigo de Exipto (c. -2686 e c. -2181), a forma estándar do nome escrito en xeróglifos estaba composto dos sons ı͗npw seguido dun "chacal"[7] sobre un símbolo Hotep:[8]

in
p
wC6

Unha nova forma co "chacal" nun alto apareceu a finais do Imperio Antigo e fíxose común a partir de entón:[8]

in
p
wE16

Segundo a transcrición acadia nas cartas de Amarna, o nome de Anubis (ı͗npw) era vocalizado en exipcio como Anapa.[9]

Notas editar

  1. Lévai, Jessica (2007). Aspects of the Goddess Nephthys, Especially During the Graeco-Roman Period in Egypt (en inglés). UMI. 
  2. "African golden jackals are actually golden wolves". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  3. "Egyptian golden jackal is actually a grey wolf, scientists discover in DNA test". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  4. "Golden jackal: A new wolf species hiding in plain sight". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  5. "Genome-wide evidence reveals that African and Eurasian golden jackals are distinct species" (PDF). Current Biology 25. pp. 2158–2165. doi:10.1016/j.cub.2015.06.060. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  6. Coulter & Turner 2000, p. 58.
  7. The canine referred to as the Egyptian jackal in older texts was recently biologically reclassified as a separate canid species more closely related to grey wolves and coyotes than golden jackals. Furthermore ancient Greek texts about Anubis constantly refer to the deity as having a dog's head, not jackal or wolf, and there is still uncertainty as to what canid represents Anubis. Therefore the Name and History section uses the names the original sources used but in quotation marks.
  8. 8,0 8,1 Leprohon 1990, p. 164, citing Fischer 1968, p. 84 e Lapp 1986, pp. 8–9.
  9. Conder 1894, p. 85.