Cronos

deus da mitoloxía grega
(Redirixido desde "Crono")

Cronos é un dos doce titáns, un deus da mitoloxía grega correspondente a Saturno na mitoloxía romana. Hesíodo di que era "de retorcida mente" [1].

Cronos
Rhéa présentant une pierre emmaillotée à Cronos dessin du bas-relief d'un autel romain.jpg
PaiUrano
NaiXea
CónxuxeRea
FillosZeus, Hestia, Hades, Poseidón, Deméter, Hera, Ares Enyalius, Quirón, Dolops, Erinias, Moiras e Crío (mitoloxía)
IrmánsRea, Xapeto (mitoloxía), Hiperión, Temis, Tía, Océano e Tetis
editar datos en Wikidata ]
Estatua (1765-75),en Múnic do escultor Franz Ignaz Gunther.

MitoloxíaEditar

Cronos foi fillo máis novo de Urano (o máis antigo de todos os deuses) e Xea (deusa da Terra). Da súa unión con Rea tivo seis fillos: Hestia, Deméter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus. Cronos representa a pasaxe dos deuses antigos (ciclopes e titáns) cara os Deuses olímpicos (así chamados por seren aqueles que habitaban o monte Olimpo), liderados polo seu fillo Zeus.

O mito di que cada vez que a súa esposa Xea tiña un fillo, Urano devolvíao ao ventre de Xea (a Terra). Cansada disto, ela decidiu vingarse e pediu axuda ós seus fillos, pero só Cronos aceptou [2]. Xea construíu unha fouce de aceiro [3] ou de sílex e deuna a Cronos, e este, cando Urano, seu pai, xacía con Xea, castrouno e botou os xenitais de Urano ó mar, de onde abrollou Afrodita, a deusa do amor.

Despois disto, Cronos reinou entre os deuses, mais Urano e Xea (como depositarios do coñecemento do porvir) profetizaron que el sería ao fin vencido por un dos seus fillos. Para evitar tal cousa, devoraba ós seus propios fillos nada máis nacer (aínda que estes seguían vivos e medrando no seu interior). A súa esposa e irmá Rea, aconsellada pola súa nai, Xea [4], conseguíu enganalo ofrecéndolle unha pedra envolta en cueiros no canto do último fillo, Zeus. Cronos enviou a pedra sen sospeitar nada e así logrou Rea salvar a vida do fillo. Deste xeito, Zeus foi criado agachado nunha cova na illa de Creta e, cando foi adulto, deulle a Cronos unha herba que o obrigou a devolver tódolos fillos e declarouno a guerra, a Titanomaquia. Así, puido por fin destronar a Cronos.

Tras perder a guerra, Cronos e os Titáns foron encerrados no Tártaro, baixo a vixilancia dos Hecatonquiros. Pero na tradición órfica, terminou sendo perdoado por Zeus quen permitiu que fora gobernar a Illa dos Benaventurados (un lugar semellante ó ceo do Cristianismo).

Outra descendenciaEditar

A maiores dos seis fillos que tivo con Rea, Cronos uniuse coa oceánide Filira [5] e tivo un fillo: o centauro Quirón. As fontes explícano porque Cronos se metamorfoseou en cabalo para cubrir a Filira, ou porque a propia Filira se converteu en égua para intentar fuxir do deus.

Outras lendas fano tamén pai de Hefesto, tras unirse a Hera; e da mesma Afrodita, tradicionalmente considerada filla de Urano.

IconografíaEditar

 
A castración de Urano, fresco de Giorgio Vasari y Cristofano Gherardi (c. 1560, Palazzo Vecchio, Florencia)

Cronos adquire a función de deus do tempo. É representado no momento da castración de Urano ou no trascurso da Titanomaquia, como un home vello de cabelos brancos e barba longa; adoita levar unha fouce, arma coa que castrou ó seu pai Urano, e outras veces porta unha gadaña.

Xa no Renacemento engádense outros atributos: ás, un reloxo de area ou o ouroboros, unha serpe que se morde a cola, como símbolo da continuidade temporal.

Estaba asociado ao tempo polos gregos, e foi considerado a personificación do tempo na antigüidade clásica.

NotasEditar

  1. "[As Musas] cubertas por abundante bruma, de noite, ó avanzar, deixan oir a súa fermosa voz, mentres celebran a Zeus, portador da éxida, á venerable Hera, ... a Leto, a Xapeto, ´ó astuto Crono, a Xea..." (Teogonía 9-20). Na versión electrónica da Universidade de Salamanca utilízase a forma "a Cronos, de retorcida mente" neste capítulo e en catro ocasións máis.
  2. "Madre, prométoche que podo realizar este traballo, posto que non sinto preocupación algunha polo noso odioso padre; xa que foi o primeiro en maquinar obras indignas" (Teogonía 170-173".
  3. "Tras haber creado unha especie de branco aceiro, fabricou unha gran fouce" (Teogonía 160-162).
  4. Que chegara a odiar a Cronos porque este botara ó Tártaro a seus fillos os Ciclopes e os Hecatonquiros, a pesar do que lle tiñan axudado.
  5. Filla de Océano e a titánide Tetis.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • CARMONA MUELA, Juan: Iconografía clásica. Guía básica para estudiantes. Akal/Istmo, 5ª ed, 3ª reimpr. 2018.
  • ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA