A barba[1] é o conxunto de pelos faciais que medran no queixo, no beizo superior, nas fazulas e no pescozo dos seres humanos e tamén nalgúns animais. En humanos, normalmente só se presenta en homes trala puberdade, aínda que as mulleres con hirsutismo tamén poden desenvolver barba. Cando falamos do pelo superior e inferior da face, a barba exclúe especificamente o bigote.

Diferentes tipos de barba.
O noruegués Hans Langseth gañou o récord da barba máis longa do mundo en 1927.

Ó longo da historia, ós homes que deixaban medrar a barba fóiselles atribuíndo diversos atributos, tales como a sabedoría, a virilidade sexual, masculinidade ou unha posición social máis elevada. Con todo, a barba tamén pode ser asociada coa falta de limpeza xeral e unha perda de refinamento, especialmente na actualidade.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar