Moiras
- Este artigo trata sobre as personaxes mitolóxicas, para a auga saturada de sal, véxase o artigo moira.
Na mitoloxía grega, as moiras son tres deusas, irmás entre si, que rexen e deciden o destino dos homes, e cando e como van morrer. Cada ser humano ten a súa moira, é dicir, a súa parte de felicidad e de desgraza [1]. Segundo a tradición grega, aparecían ós poucos días do parto para determinar o curso da vida do meniño.
Teñen o seu equivalente nas Parcas (ou Fatae) da mitoloxía romana, aínda que "a Parca", en singular, fai referencia a Átropos. Por veces identifícanse coas Erinias (xenios alados, con serpes entre os cabelos), fillas de Xea a partir do sangue de Urano [2].
Inconografía
editarAparecen representadas normalmente como tres vellas tecelás ou fiadoras, e os seus símbolos son a roca, o fuso e as tesoiras.
- Cloto, a fiadeira, é a irmá máis nova e traballa na roca o fío da vida. Correspóndese na mitoloxía romana con Nona.
- Láquesis, a que asigna o destino, é a segunda, e enrola ese fío no fuso, ou mídeo coa súa vara. Correspóndese na mitoloxía romana con Décima.
- Átropos, a inflexible ou inexorable (literalmente, 'que non xira’), por veces chamada Aisa, é a máis vella, e encárgase da cortar o fío da vida cando a existencia da persoa chega ó seu final. Correspóndese na mitoloxía romana con Morta.
Tamén se poden representar como tres mulleres hieráticas, de aspecto severo e vestidas con túnicas: Cloto cunha roca; Láquesis, cunha vara, unha pluma ou un globo do mundo; e Átropos cunhas tesoiras ou unha balanza. Outras veces aparecen como unha doncela, unha matrona e unha anciá, respectivamente. Shakespeare inspirouse neste mito para crear as tres bruxas de Macbeth, que intervirán decisivamente no destino do protagonista.
Historia
editarAs Moiras son as executoras do Destino, cousa que fan a través do seu oficio de tecelás, usando para iso un fío que representa a vida. Tamén os propios deuses, inmortales, estaban sometidos ó destino que elas decidían, e por iso non se lles permitía socorrer no campo de batalla ós heroes a quen lles chegasa a súa hora. Intervir no destino dos homes significaría poñer en perigo a orde establecida do Universo. En todo caso, outros autores afirman que obedecían a Zeus [3].
Existen dúas versións da súa orixe: segundo a Teogonía de Hesíodo son fillas de Nix ou Nicte, que as xerou por si mesma, soa; non obstante, normalmente son consideradas fillas de Zeus e Temis, a Xustiza, e irmás das Horas; ou fillas de Zeus e Nix.
"En segundo lugar, [Zeus] casou coa brillante Temis que enxendrou as Horas..., que protexen os traballos dos homes mortais; e as Moiras, ás que grandísima honra otorgou o prudente Zeus, Cloto, Láquesis e Átropo, que conceden ós hombes mortais obter o bo e o malo".(Hesíodo: Teogonía 902-906)
Nun principio, as Moiras tíñanse por divindades indeterminadas e abstractas, mesmo como unha soa deusa. Homero fala dunha Moira, que fía o fío da vida dos hombres no momento do seu nacemiento. Na Odisea hai unha referencia ás Klôthes ou fiandeiras. En Delfos recibían culto dúas: a moira do nacemento e a da morte. Co paso do tempo, o seu número fixouse en tres e definíronse os seus atributos.
Presentes en tódolos grandes acontecementos, as Moiras eran a miúdo veneradas como deusas do nacemento (o que as relaciona con Ilitía): as atenienses recentemente casadas ofrendábanlles guechos de cabelo, e as mulleres invocábannas facéndolles xuramento.
As Morias participaron na Xigantomaquia ó lado de Zeus, e foron quen de acabar cos xigantes Agrio e Toante [4], ós que mataron coas súas mazas de bronce [5]; este feito quedou reflictido nos relevos do altar de Pérgamo.
Notas
editar- ↑ A palabra grega moira significa indistintamente 'destino', 'parte', 'lote' ou 'porción'.
- ↑ Julia García Moreno, en nota a Apolodoro: Biblioteca mitológica, px. 44.
- ↑ Pausanias fala de Zeus Moiragetes ('Zeus Dador do Destino').
- ↑ Fillos de Xea e Urano.
- ↑ Pseudo-Apolodoro, Biblioteca mitológica, I, 6, 2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moiras |
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Bibliografía
editar- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
- PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016.