A gadaña é unha ferramenta agrícola, composta dunha coitela curva ensartada nun pau, usada para segar herba, forraxe para o gando ou cereais. A chegada dos medios mecánicos levouna ó desuso nos países desenvolvidos, aínda que sobrevive hoxe en día en moitas zonas rurais, realizándose ata campionatos de sega en zonas como o País Vasco.

Fotografía dunha gadaña.