Xapeto (mitoloxía)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xapeto.
Na mitoloxía grega, Xapeto [1] [2] (en grego antigo, Ίαπετός Iapetós) era un Titán, fillo de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo).
Xapeto | |
---|---|
Pai | Urano |
Nai | Xea |
Cónxuxe | Clímene |
Fillos | Atlas, Epimeteo, Prometeo, Menecio, Héspero e Anchiale |
Irmáns | Rea, Cronos, Hiperión, Temis, Tía, Océano e Tetis |
[ editar datos en Wikidata ] | |
"Coa moza de belos pés, a oceánide Clímene, casou Xapeto e con ela subiu ó mesmo leito. Ela deulle un fillo, o valoroso Atlante, e enxendrou o famoso Menetio, o sutil Prometeo, rico en recursos, e o torpe Epimeteo, que foi desde o principio un mal para os laboriosos homes, pois por primeira vez aceptou unha doncela modelada por Zeus".(Hesíodo: Teogonía 507-514)
MitoloxíaEditar
Casou con Clímene, filla de Océano e Tetis, con quen tivo catro fillos: Atlas (ou Atlante), Menecio, Prometeo e Epimeteo. Deste xeito, está relacionado coa raza humana, recuperada tras o diluvio por Deucalión, fillo de Prometeo e de Clímene [3].
Deucalion era o fillo de Prometeo
Outras fontes din que a súa esposa foi Asia, tamén filla de Océano; ou ben Asopis, unha neta de Océano.
Xunto ós seus irmáns, púxose do lado de Cronos na guerra da Titanomaquia, fronte a Zeus. Ó ser derrotados, todos eles terminaron condenados por Zeus a ser encerrados no Tártaro.
IconografíaEditar
Elvira Barba non recolle ningunha iconografía deste deus.
NotasEditar
- ↑ "Xapeto". Diccionario enciclopédico galego universal 60. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 41. ISBN 84-7680-429-6.
ASTRON Satélite de Saturno...
- ↑ "Xapeto". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 2002. p. 450. ISBN 84-7680-583-7.
ASTRON Satélite de Saturno...
- ↑ Ou ben de Celeno ou Pronea.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
- OVIDIO: Metamorfosis, Alianza Editorial, 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017.