Celeno (pléiade)

Celeno foi unha das Pléiades, unha das sete fillas do titán Atlas e a oceánide Pléione [1]. Outras fontes fana filla de Atlas e Etra.​

Foi poseída por Poseidón, co quen tivo dous ou tres fillos, Lico, Eurípilo e Tritón, se ben é máis usual considerar a Tritón fillo de Poseidón e Anfitrite.​

"De Atlante e Pléione, filla de Océano, naceron en Cilene de Arcadia sete fillas, chamadas Pléiades: Alcíone, Mérope, Celeno, Electra, Estérope, Táixete e Maia... Posidón uniuse con dúas, primeiro con Celeno, da que naceu Lico, ó que Posidón instalou nas Illas dos Benaventurados". [2]
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica III, 10, 1)
  1. Tiveron tamén outras cinco fillas, as Híades, e un fillo, Hiante (Hixino: Fábulas 192).
  2. O lugar onde, segundo a mitoloxía grega, repousaban as almas virtuosas despois da morte, equivalente ó Paraíso ou o Ceo noutras tradicións.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar