Anfitrite

Anfitrite, na mitoloxía grega, era unha nereida, esposa de Poseidón e nai de Tritón. Filla de Nereo e Dóride.

Anfitrite
Amphitrite Penteskouphia Louvre MNC208.jpg
PaiOcéano e Nereo
NaiTetis e Doris
CónxuxePoseidón e Neptuno
FillosTritón, Rode, Bentesicime e Cymopoleia
editar datos en Wikidata ]
Poseidón e Anfitrite.

O deus do mar pretendía á súa irmá, Tetis, pero un oráculo anunciou que un futuro fillo de Teti e Poseidón, en conxunción cun outro deus, destronaría ao pai, polo que Poseidón escolleu a Anfitrite como dona. Outras fontes afirman que Poseidón namorouse dela despois de a ver bailar. Pero Anfitrite quería permanecer virxe e fuxiu del, Poseidón envioulle o seu golfiño para a convencer. Agradecido, transportouno ao ceo coa súa propia constelación.