Tía (mitoloxía)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tea (planeta).
Na mitoloxía grega, Tía, a Divina, Tea ou Teia [1] (en grego Θεία), tamén chamada Eurifaesa (Ευρυφαεσσα Euryphaessa, 'a de amplo brillo' [2], era unha Titánide, filla de Xea (a Terra) e Urano (o Ceo). Considerouse deusa da vista e a que dotaba ó ouro, á prata e ás xemas do seu brillo e valor [3].
Tía | |
---|---|
![]() | |
Pai | Urano |
Nai | Xea |
Cónxuxe | Hiperión |
Fillos | Helios, Eos, Selene e Aurora |
Irmáns | Rea, Xapeto (mitoloxía), Cronos, Hiperión, Océano, Tetis e Temis |
[ editar datos en Wikidata ] | |
MitoloxíaEditar
Uniuse a Hiperión, un dos seus irmáns, do que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Eos (a Aurora) e Selene (a Lúa).
"Tea, dominada polo amor de Hiperión, procreou ó grande Helios, á brillante Selene e a Eos, que lucen para tódolos que habitan na Terra e para os inmortais deuses que ocupan o ancho ceo".(Hesíodo: Teogonía 372-374)
Noutras tradicións, Tía é o nome dunha ninfa que se uniu a Apolo, con quen tivo un fillo chamado Delfo. Outras fontes fana amante de Poseidón ou do mesmo Zeus, con quen tivo dous fillos: Magnes e Macedón.
Trala Titanomaquia, na que as Titánides permaneceron neutrais, foi vivir ó palacio do seu fillo Helios.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tía |
BibliografíaEditar
- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA