Mnemósine (mitoloxía)
Na mitoloxía grega, Mnemósine ou Mnemosina (en grego antigo, Μνημοσύνη Mnēmosýnē, de μνήμη mnếmē, 'memoria'), era unha titánide, filla de Xea e Urano. Considérase a personificación da memoria, tamén co nome de Mneme.
Mnemósine (mitoloxía) | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Titán e deusa ![]() |
Venerado por | mitoloxía grega ![]() |
Patrón de | memoria ![]() |
Parte de
| |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Familia | |
Nai | Xea e Clímene (pt) ![]() ![]() |
Pai | Urano e Zeus ![]() |
Parella | Zeus ![]() |
Fillo/a | Clío, Calíope (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Mitoloxía
editarXaceu con Zeus no monte Pieira, próximo ó Monte Olimpo, durante nove noites seguidas, e así procreou as nove Musas, que naceron dun parto múltiple. Non obstante, outros autores considerábannas fillas primordiais de Urano e Xea; para Pausanias houbo dúas xeracións de Musas, as primeiras e máis antigas foron fillas de Urano e Xea, e as segundas de Zeus e Mnemósine.
"A elas [ás Musas], como esquecemento de males e remedio de preocupacións, procreounas, uníndose ó padre crónida, Mnemósine, que reina nos outeiros de Eleuter. Con ela nove noites uniuse o prudente Zeus subindo ó seu leito sagrado, lonxe dos inmortais. Cando xa era o tempo debido e as estacións volveron, ó pasar os meses, e cumpríronse moitos días, esta deu a luz, a pouca distancia da cima do nevado Olimpo, nove rapazas de disposición semellante, que só se ocupan do canto, por ter no seu peito un ánimo libre de preocupacións".(Hesíodo: Teogonía 53-62)
Mnemósine era tamén o nome dunha fonte que había fronte ó oráculo de Trofonio, na Beocia, xunto á chamada Fonte do Esquecemento (Lete). Outros autores din que Lete e Mnemósine eran dous ríos do Hades. Quen bebía das augas do Lete esquecían as súas vidas pasadas.
Na mitoloxía romana tomou o nome de Moneta, aínda que tamén se utilizaba o nome grego.
Iconografía
editarAparece case sempre representada xunto ás súas fillas, xa desde o século V a. C. (nun vaso ático). Pero tamén represéntase ela soa, como nun mosaico sirio do século IV a. C. Tamén na idade moderna a figuran xunto ás Musas (como Thorvaldsen) ou xunto a Zeus, disfrazado de pastor [1].
Cesare Ripa dálle unha iconografía propia: muller de mediana idade, vestida de negro, como símbolo de permanencia, cun cofre cheo de xoias sobre a cabeza. Coa man dereita tócase a orella e coa esquerda agarima un can negro.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mnemósine |
Bibliografía
editar- ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017.
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- Hesíodo (2020). Teogonía. Traballos e días. Escudo. Vétera. Cangas do Morrazo: Rinoceronte. ISBN 978-84-17388-36-2.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]