Clío (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Clío (en grego Κλειώ Kleiô, da raíz κλέω kleô, 'encomiar' ou 'cantar') é a musa da historia e da poesía heroica. Como todas as musas, é filla de Zeus e Mnemosine. Clío tivo un fillo con Píero, rei de Macedonia, chamado Xacinto. Algunhas fontes afirman que tamén foi nai de Himeneo.[Cómpre referencia]

Clío (mitoloxía)

Tipopersonaxe da mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión da Grecia Antiga e mitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Patrón deciencia histórica e historia Editar o valor en Wikidata
Parte deMusa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMnemósine (mitoloxía) Editar o valor en Wikidata
PaiZeus Editar o valor en Wikidata
ParellaApolo Editar o valor en Wikidata
Irmá/nMelpómene, Urânia (pt) Traducir, Euterpe, Terpsícore, Erato (pt) Traducir, Polímnia (pt) Traducir, Talía e Calíope (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aXacinto e Himeneo Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]
Na mitoloxía grega, Clío era a musa ou deusa protectora da Historia, ademais da poesía épica. Aquí aparece observando antes de anotar no seu libro, desde un carro alado cuxa roda é a esfera dun reloxo.

Adoita ser representada como unha rapariga coroada con loureiros, levando unha trompeta na man dereita e un libro escrito por Tucídides na esquerda. A estes atributos únese ás veces o globo terráqueo sobre o que pousa e o Tempo aparece xunto a el, para mostrar que a Historia abarca todos os lugares e todas as épocas. Ás veces as súas estatuas levan unha guitarra nunha man e un plectro na outra, pois tamén se lle consideraba a inventora da guitarra. Noutras representacións moito máis clásicas represéntase a Clío levando na súa man esquerda un rolo de papiro e aos seus pés, unha capsa ou caixa para gardar os rolos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar