Xacinto
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xacinto (homónimos).
Na mitoloxía grega Xacinto era o fermoso amante do deus Apolo e fillo do rei de Laconia, Amiclas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/The_Death_of_Hyacinthos.jpg/220px-The_Death_of_Hyacinthos.jpg)
Lenda
editarCerto día atopábanse Apolo e Xacinto lanzando o disco, práctica moi común na Grecia antiga; cando foi a quenda de o lanzar Apolo este fíxoo por riba das nubes, e Xacinto, ao contemplar o lanzamento e ansioso por demostrarlle a Apolo que el tamén podía conseguir semellante proeza, foi correndo a buscar o disco, pero este rebotou na terra e impactou na cabeza de Xacinto. Apolo intentou socorrelo pero xa estaba morto e o sangue manáballe da cabeza. Para non esquecelo nunca fixo nacer do seu sangue unha nova flor, o xacinto.