Laconia, antes coñecida como Lacedemonia, é unha unidade rexional da Grecia, localizada no sueste da rexión do Peloponeso, con capital na cidade histórica de Esparta.

Modelo:Xeografía políticaLaconia
Λακωνία (el) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aLaconia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 36°55′00″N 22°40′00″L / 36.9167, 22.6667Coordenadas: 36°55′00″N 22°40′00″L / 36.9167, 22.6667
EstadoGrecia
División administrativaDecentralized Administration of Peloponnese, Western Greece and the Ionian Islands (en) Traducir
PeriferiasPeriferia do Peloponeso Editar o valor em Wikidata
CapitalEsparta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Superficie3.636 km² Editar o valor em Wikidata
Sucedido porLaconia Regional Unit (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23x xx Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2GR-16 Editar o valor em Wikidata

Páxina weblakonia.gr Editar o valor em Wikidata

Ten unha extensión de 3 636 km2 e unha poboación, en 1991, de 94.916 habitantes[1].

Mitoloxía editar

Segundo Pausanias[2], o primeiro rei da rexión chamouse Lélexe, ou Lélex, e era autóctono. Chámanse autóctonos aqueles personaxes nacidos directamente da tierra, sen ter pai nin nai, polo que estaban vinculados a esta para sempre. Deste rei vénlle o nome ós primeiros habitantes da rexión, os lélexes[3]. Lélexe tivo dous fillos: Miles, que o sucedeu ó trono, e Policaón, que accedeu ó trono de Mesenia ó casar con Mesene, filla do rei de Argos[4].

 
Ascendencia e descendencia de Lacedemón e Esparta, segundo Apolodoro

A Miles sucedeuno o seu fillo Eurotas, un deus fluvial habido coa náiade Cleocaría, que dragou un pantano e creou un río, chamado Eurotas. Este casou con Clete e tivo unha filla, Esparta. Esparta casou con Lacedemón, fillo da náiade Táixete[5] e Zeus, que foi o sucesor de Eurotas e quen bautizou ó reino como Lacedemonia[6] e á cidade principal, fundada por el, como Esparta. Dise que tiveron dous fillos, Amiclas (o seu sucesor) e Eurídice, que casaría con Acrisio e sería a nai de Dánae.

Notas editar

  1. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo, tomo 11, s. v. Laconia.
  2. Descripción de Grecia 3, 1, 1.
  3. Este pobo aparece citado na Ilíada como aliados dos troianos (Ilíada X, 429; XX, 96).
  4. Grimal, s. v. Lélege.
  5. Que dará nome a unha montaña de Esparta, o monte Táixete ou Táixeto.
  6. "Táixete tivo de Zeus a Lacedemón, de quen recibe o nome a rexión de Lacedemonia" (Apolodoro III, 10, 3),

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grimal, Pierre (1981, 1ª ed; 2017, 7ª reimpr.). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574.  (en castelán)
  • Homero (trad. Óscar Martínez García) (2010, 1ª ed; 2013, 3ª reimpr.). Ilíada. Alianza Editorial. ISBN 9788420678344.  (en castelán)
  • Pseudo-Apolodoro (2016 (3ª ed)). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277.  (en castelán)