Acrisio

personaxe da mitoloxía grega

Acrisio foi un personaxe da mitoloxía grega.

Era fillo de Abante e Aglea. Loitou co seu irmán Preto pola herdanza de seu pai, rei de Argos.

Casou con Euridice, coa que tivo a unha filla, Dánae. Un oráculo advertiuno de que o fillo da súa filla o ía matar, polo que encarcerou a Dánae, mais Zeus namorouse dela e baixo a forma dunha chuvia de ouro entrou na prisión. Desta unión naceu Perseo. Acrisio, cando o soubo, deixou a Dánae e ao fillo nunha caixa de madeira no medio do mar.

Despois de moitas aventuras, Perseo e a nai voltan a Argos, pero Acrisio, cando o soubo, deixaou a cidade refuxiándose en Larisa. Pero o destino tiña que se cumprir e Perseo foi chamado a Larisa para participar nos xogos fúnebres, e cando lanzaba o disco, este golpeou accidentalmente a Acrisio, o que lle provocou a morte.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.