Dánae
Dánae na mitoloxía clásica é a filla do rei de Argos, Acrasio e de Eurídice. É nai de Perseo.
Dánae | |
---|---|
![]() | |
Tipo | personaxe da mitoloxía grega ![]() |
Obra | |
Representado por | Danaë and the Golden Shower (en) ![]() ![]() |
Biografía | |
Sexo | muller ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Grecia Antiga ![]() |
Familia | |
Nai | Eurídice (pt) ![]() ![]() |
Pai | Acrisio ![]() |
Cónxuxe | Daunus (en) ![]() ![]() |
Parella | Zeus ![]() |
Fillo/a | Perseo e Daunus (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | |
[ Wikidata ] |
Mito
editarDánae era unha fermosa moza, filla de Eurídice e do rei de Argos chamado Acrasio. Este fora advertido nun oráculo que o neno que concibira a súa filla lle había causar a morte. Para evitalo, Acrasio encerrou a filla nunha gran torre con grandes portas e cadeados de bronce. Porén, o gran deus Zeus encaprichouse con ela e, para poder acceder á torre, transformouse nunha fina choiva de ouro, atravesando así os ladrillos da construción e tomándoa carnalmente e isto tivo como resultado o embarazo da moza.
Acrasio soubo isto e non creu a versión contada pola súa filla, e sabendo que Preto, irmán xemelgo de Acrasio, fora pretendente seu, creu que el entrara na morada da súa filla onde a desposou.
Acrasio tomou a súa filla e o neno cando naceu e encerrounos nunha arca para despois arroxalos ó mar, coa esperanza de que morreran. Pola contra, chegaron sans e salvos á illa de Sérifos, onde foron recollidos por Dictis. Obtiveron tal sorte grazas á axuda de Zeus que mostrou o seu agradecemento cara a xove Dánae. Dictis levounos á presenza do rei Polidectes ou Polidecto, que tratounos con cortesía e respecto ao comezo, pero logo, tratou de seducir a Dánae, sendo esta defendida polo seu fillo Perseo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dánae |