Equidna (mitoloxía)

ninfa monstruosa, na mitoloxía grega

Equidna (tamén chamada a Víbora) era, na mitoloxía grega, un ser monstruoso con tronco de muller pero terminado como unha serpe. Era filla de Forcis e Ceto (fillos tamén monstruosos de Ponto e Xea), aínda que para outros mitógrafos sería filla de Tártaro e Xea [1], ou de Crisaor e Calñirroe.

Equidna (mitoloxía)
Equidna e os leóns, no parque Dei Mostri, en Bomarzo, Italia
Tipodivindade grega, personaxe da mitoloxía grega e drakaina (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Venerado pormitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexomuller Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiCeto, Callirhoe (en) Traducir, Estixia e Xea Editar o valor en Wikidata
PaiForcis, Crisaor, Peiras (en) Traducir e Tártaro (mitoloxía) Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTifón Editar o valor en Wikidata
ParellaZeus e Heracles Editar o valor en Wikidata
Irmá/nTebas (ninfa) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aEsfinxe, León de Nemea, Gelonus (en) Traducir, Ortro, Agathyrsus (en) Traducir, Scythes (en) Traducir, Cérbero, Hidra de Lerna, Quimera, Ladão (pt) Traducir, Ethon (pt) Traducir, Crommyonian Sow (en) Traducir, Dragão da Cólquida (pt) Traducir, Caribdis e Gorgona Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]
[Ceto] "procreou outro monstro extraordinario..., a divina Equidna, de vigorosa mente, metade doncela de fermosas meixelas e vivos ollos, metade terrible serpe monstruosa, enorme, brillante, salvaxe, nas entrañas da divina terra".
(Hesíodo: Teogonía 295-300)

Adoitaba devorar ós camiñantes no Peloponeso, ata que lle deu morte Argos Panoptes (de cen ollos), fillo de Arestor [2].

A súa descendencia tamén foi monstruosa, con diferentes parellas. De Tifón tivo a Cérbero (o gardián do Hades), a Ortro (o can pastor de Xerión, con dúas cabezas), a Hidra de Lerna (serpe de múltiples cabezas á que tivo que matar Heracles) e Quimera (con cabeza de león, unha cabeza de cabra no lombo e cola de serpe).

Uníndose ó seu fillo Ortro tivo a Fix (un monstro que causaba estragos entre os cadmeos) e o León de Nemea (a quen tamén matou Heracles).

Algunhas fontes engaden como fillos seus á aguia que comía o fígado de Prometeo, eternamente, e o dragón que vixiaba na Cólquide o vélaro de ouro. Pseudo-Apolodoro asegura que Ladón tamén era fillo de Tifón e Equidna, un dragón de cen cabezas que vixiaba as mazás de ouro do xardín das Hespérides [3], aínda que Hesíodo di que era fillo de Ceto e Forcis [4]. Hixino insire na lista de fillos monstruosos a Escila, que tiña a metade superior de muller e a inferior de cadela, e seis cans brotaban do seu corpo [5].

Nas colonias gregas no Mar Negro circulaba outra lenda. Cando Heracles regresaba de roubar os Bois de Xerión, chegou a Escitia (ó norte do delta do Danubio) e deixou os seus cabalos a pacer. Cando acordou xa non estaban, pero achou a Equidna, que lle prometeu devolverllos se aceptaba ter sexo con ela. E así tiveron tres fillos: Agatirso, Gelono e Escites [6].

Participou, co seu compañeiro Tifón, na rebelión contra Zeus (coñecida como Tifonomaquia). Aínda que foron derrotados, Zeus non os matou, nin ós seus fillos, e permitiu a súa existencia como desafío para os futuros heroes.

  1. Pseudo-Apolodoro II, 1, 2.
  2. Pseudo-Apolodoro II, 1, 2.
  3. Pseudo-Apolodoro II, 5, 11.
  4. Hesíodo: Teogonía 333-336.
  5. Hixino: Fábulas 151.
  6. Heródoto IV, 9-10.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].