Ponto (mitoloxía)

Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus primixenio, anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino[1]. Considérase a personificación masculina do mar.

Ponto (mitoloxía)

TipoDeidades do mar da mitoloxía grega, Deidades primordiais da mitoloxía grega e deidade da auga Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión da Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Patrón deMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiXea Editar o valor en Wikidata
Irmá/nUrano Editar o valor en Wikidata
Fillo/aNereo, Taumante (pt) Traducir, Forcis, Ceto, Euríbia (pt) Traducir, Telquines (pt) Traducir, Hália (pt) Traducir, Lycus (en) Traducir, Damon (en) Traducir, Adméto (en) Traducir, Egeon (pt) Traducir e Cepheus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor.
(Hesíodo: Teogonía 131-132)

Hixino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.

De Éter e da Terra, a Dolor, o Engano, a Ira, a Pena, ... Temis, Tártaro, Ponto e os Titáns.
(Hixino: Fábulas, Prólogo, 3.)

Mitoloxía

editar

Uniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos:

O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas.
(Hesíodo: Teogonía 234-240)

Con Talasa, personificación do mar Mediterráneo, foi pai dos Telquines: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.

Algunhas fontes fano tamén pai de Briareo, un dos Hecatonquiros.

  1. Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
  • Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009.