Abrir o menú principal

Tras a morte de Prisco, o seu xenro Servio Tulio sucedeuno no trono, sendo o segundo rei de orixe etrusca que gobernaba Roma. Coma o seu sogro anteriormente, Servio librou varias guerras vitoriosas contra os etruscos. Utilizou o botín obtido nas súas campañas para erixir as primeiras murallas que cercaran os sete outeiros romanos sobre o pomerium, os chamados muros servianos. Tamén realizou cambios na organización do exército romano.

Servio Tulio
Servius Tullius by Frans Huys.jpg
Nacementoséculo VI a. C.xuliano
Falecemento535 a. C.
 Roma
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónpolítico
NaiOcrísia
CónxuxeTarquinia
FillosTullia e Tullia Maggiore
editar datos en Wikidata ]
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Acadou sona por desenvolver unha nova constitución para os romanos, con maior atención ás clases cidadás. Instituíu o primeiro censo da historia, dividindo as xentes de Roma en cinco clases económicas, creando ademais a Asemblea centuriada. Utilizou asemade o censo para dividir a cidade en catro tribos urbanas, baseadas na súa localización espacial dentro da cidade, establecendo a Asemblea tribal. O seu reinado tamén destacou pola edificación do templo de Diana no outeiro do Aventino.

As reformas de Servio supuxeron un gran cambio na vida romana: o dereito a voto foi establecido en base á riqueza económica, polo cal gran parte do poder político ficou reservado ás elites romanas. Así a todo, co tempo Servio favoreceu gradualmente ás clases máis desfavorecidas, para obter desta forma un maior apoio de entre os plebeos, polo que o seu mandato pode definirse como insatisfactoria para a clase patricia. O longo reinado de 44 anos de Servio Tulio finalizou co seu asasinato nunha conspiración urdida pola seu propia filla Tulia e o seu marido Tarquinio, o seu sucesor no trono.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar