Anco Marcio

Anco Marcio (642-617 a.C.) foi un rei de Roma.

Anco Marcio
Ancus-Martius.jpg
Nacemento675 a. C.
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento616 a. C.
Lugar de falecementoRoma
NacionalidadeRoma Antiga
OcupaciónAncient Roman politician
PaiNuma Marcius
NaiPompilia
editar datos en Wikidata ]
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Tras a misteriosa morte de Tulio, os romanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto de Numa Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan só en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.

Durante o seu reinado se fortificou o Ianículo, na ribeira occidental do río Tíber, para así fornecer maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeira ponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano de Ostia na costa do Tirreno, así como as primeiras factorías de salgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza con Roma. Grazas a este método, conseguiu o control dos latinos, realoxándoos no Aventino, e consolidando así a clase plebea de Roma.

Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandes pontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.

Véxase taménEditar