Numa Pompilio
Numa Pompilio, nado no 715 a. C. e finado no 676 ou 672 a. C., foi un nobre da Roma antiga, segundo rei de Roma sucedendo a Rómulo.
Nome orixinal | (la) Numa Pompilius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de abril de 753 a. C. Cures (sabinos), Italia (pt) |
Morte | 671 a. C. (81/82 anos) valor descoñecido |
Rei de Roma | |
715 a. C. – 673 a. C. ← Rómulo (pt) – Tulio Hostilio → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Sabinos (pt) |
Relixión | Relixión na Roma antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, Ancient Roman priest (en) |
Período de tempo | Primeiro Reino Romano |
Familia | |
Cónxuxe | Tatia Lucretia Egéria |
Parella | Egéria |
Fillos | Pompilia () Tatia Pomponius () Tatia Pinus () Tatia Calpus () Tatia Mamercus () Tatia |
Pais | Pompo e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Traxectoria
editarCasou con Tacia, filla do rei sabino Tito Tacio. Sábese moi pouco deste rei e todas as noticias son a través dunha biografía escrita por Plutarco (c. 50-125), escritor grego.
Após a morte de Rómulo, o reinado da cidade recaeu sobre o sabino Numa Pompilio. Se ben nun principio non desexaba aceptar a dignidade real, seu pai convenceuno para que aceptase o cargo, para servir así aos deuses. Lembrado pola súa sabedoría, o seu reinado estivo marcado pola paz e a prosperidade.
Numa reformou o calendario romano, axustándoo para o ano solar e lunar, engadindo ademais os meses de xaneiro e febreiro até completar os doce meses do novo calendario. Instituíu numerosos rituais relixiosos romanos, como o dos salii, designando ademais un flamen maior como sacerdote supremo de Quirino, o flamen Quirinalis. Organizou o territorio circundante de Roma en distritos, para unha mellor administración, á vez que se lle atribúe a primeira organización da cidade en gremios.
Segundo Plutarco, Numa Pompilio foi o primeiro rei que organizou unha corporación de artesáns. Instituíu oito clases: frautistas, ourives, carpinteiros, tintureiros, zapateiros, curtidores, broncistas e oleiros.
Numa foi recordado como o máis relixioso de todos os reis, por riba mesmo do propio Rómulo. Baixo o seu reinado erixíronse templos a Vesta e Xano, e organizáronse os flámines, as virxes vestais de Roma e os pontífices, así como o Collegium Pontificum. A tradición conta que durante o goberno de Numa un escudo de Xúpiter caeu desde o ceo, co destino de Roma escrito nel. O rei ordenou facer once copias do mesmo, que foron reverenciadas como sagradas polos romanos.
Como home bondadoso e amante da paz, Numa sementou ideas de piedade e de xustiza na mentalidade romana. Durante o seu reinado, as portas do templo de Xano estiveron sempre pechadas, como mostra de que non emprendera guerra ningunha ao longo do seu mandato. Tras 41 anos de reinado, a morte de Numa aconteceu de forma pacífica e natural.
Do mesmo xeito, cada Curia (os romanos estaban divididos en 3 tribos e 30 curias) tivo o seu culto dirixido en cada caso por un curión. As familias romanas (as gentes) tiñan entre elas un vínculo de unión que eran os sacra gentilicia, que estaban administrados por un sacerdote ao que chamaban flamen. A sacra gentilicia sostíñase pola achega das stips (moeda grega de pouco valor) que era unha contribución ofrecida polo conxunto das familias.
Con este rei remata o período chamado xuvenilista propio da confraría dos lupercos, aquela cuxa iniciación dos seus mozos foi interrompida polo rapto de Remo. Aqueles raparigos foron uns adolescentes eternos e sempre fieis que rodearon a Rómulo até a súa morte e eran os que compuñan a súa garda persoal. Eran os 300 céleres ou veloces.
Sucedeuno Tulio Hostilio.
Reino de Roma | ||
---|---|---|
Segue a: Rómulo |
Numa Pompilio | Precede a: Tulio Hostilio |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Colleen McCullough: El primer hombre de Roma. Editorial Planeta S.A., 2001. ISBN 80-08-04000-6
- Pierre Grimal: Diccionario de mitología greiga y romana. Edicións Paidós Ibérica, S.A. 1986 ISBN 84-7509-166-0
- José Guillén: Urbs Roma. Vida y costumbres de los romanos. Edicións Sigueme, S.A. 1994, Salamanca. ISBN 84-301-0801-7
- Jon Juaristi: El bosque originario. Taurus. Grupo Santillana de Edicións S.A., 2000.