Xano (deus)

Deus romano das portas

Na mitoloxía romana, Xano (en latín Ianus) é unha deidade que tiña dúas caras mirando para ambos lados do seu perfil. Pai de Fontus. Xano era o deus das portas, os comezos e os finais. Por iso se lle consagrou o primeiro mes do ano, xaneiro. A súa representación habitual é bifronte, isto é, con dúas caras mirando en sentidos opostos. É o deus dos cambios e as transicións, dos momentos nos que se traspasa o pasado do futuro. A súa protección, esténdese cara aqueles que desexan variar a orde das cousas. Honrábase cada vez que se iniciaba un proxecto novo, nacía un cativo ou se contraía matrimonio.

Xano (deus)

Tipodeidade romana e liminal deity (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Venerado porrelixión na Roma antiga e mitoloxía romana Editar o valor en Wikidata
Patrón deSementeira, inicio, porta, transition (en) Traducir, tempo, dualismo, andadeiro e doorway (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficocaxato, chave e 365 Editar o valor en Wikidata
Obra
Representado porTwo-faced Janus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiEntoria (en) Traducir e Hécate Editar o valor en Wikidata
PaiSaturno e Caelus Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJuturna (pt) Traducir e Venília (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Irmá/nHymnus, Felix e Faustus Editar o valor en Wikidata
Fillo/aCanente (pt) Traducir, Fonte (pt) Traducir e Crano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Wikidata ]

O seu principal templo no Foro romano tiña portas que daban ao leste a ao oeste, para recibir luz da alba e do solpor, e entre elas situábase a súa estatua, con dúas caras, cada unha mirando en sentidos opostos. En todos os fogares se lle dirixía a pregaria matutina, e en toda tarefa doméstica procurábase a súa asistencia. Como deus dos comezos, invocábase publicamente o primo día de xaneiro (Ianuarius). Invócase tamén ao iniciar unha guerra, e mentres esta durase, as portas do seu templo ficaban sempre abertas, cando Roma estaba en paz, a portas fechábanse. Xano non ten equivalente na mitoloxía grega.

Ao igual que Prometeo, Xano é unha sorte de heroe cultural, xa que se lle atribúe, entre outras cousas, a invención do diñeiro, das leis e da agricultura.

As dúas caras reciben o nome de Xano Patulsio (patulsius) e Xano Clusivio (clusivius).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar