Filicudi é unha das oito illas que compoñen as Illas Eolias, situada a 20-30 quilómetros ao nordés da illa de Sicilia. Trátase dunha fracción da comuna de Lipari.

Filicudi
Vista aérea de Filicudi
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
ArquipélagoIllas Eolias
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 38°34′00″N 14°34′00″L / 38.566666666667, 14.566666666667
Xeografía
Superficie9,49 km²
Longura máxima5,4 km
Largura máxima3,1 km
Punto máis alto774 m. Monte Fossa Felci
Demografía
Poboación235 hab. (2001)
Densidade25 hab./km²
Lingua propiaItaliano

Xeografía editar

A súa superficie total é de 9,5 quilómetros cadrados. Hai varias pequenas aldeas na illa, que inclúen Pecorini Mare e Valdichiesa. As terras de Filicudi son capaces de produciren viño, aceite de oliva, grans e hortalizas. En 1997, tres cuartas partes (7 km²) de Filicudi converteronse nunha Reserva Natural.

O punto máis alto é Monte Fossa Felci (774 m). Outros puntos inclúen Monte Montagnola (349 m) e Monte Terrione (278 m). En Capo Graziano atópanse restos dunha vila da Idade de Bronce que data do século VIII a. C. Fronte á costa, unha roca volcánica en forma de dedo La Canna de (74 m.) elévase desde o mar.

Historia editar

 
Vista de Alicudi e Filicudi

O nome moderno de "Filicudi" é unha corrupción do antigo nome grego da illa, Phoenicusa (Illa fenicia). A illa, como as outras Illas Eolias, foi habitada desde o Neolítico, ao redor de 3.000 antes de Cristo. Como o demostran os achados arqueolóxicos, a illa foi ocupada por un novo pobo na Idade de Bronce. A illa estivo deshabitada durante moitos séculos ata a súa ocupación polos gregos. Restos Romanos e bizantinos tamén se poden atopar na illa.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar