Provincia de Pesaro e Urbino

Provincia di Pesaro e Urbino
País Flag of Italy.svg Italia
Rexión Flag of Marche.svg As Marcas
Capital Pesaro
Área 2.564,21 km²
Poboación 383.922 (2009)[1]
Densidade 149,72 hab/km²
Municipios 60
Matrícula PU
Código postal 61100
Prefixo telf. 0541, 0721, 0722
Presidente Matteo Ricci (Partito Democratico) 08-06-2009
Pesaro posizione.png
Situación da Provincia de Pesaro e Urbino en Italia

Pesaro e Urbino é unha provincia da rexión das Marcas, en Italia. A súa capital é a cidade de Pésaro.

Historia e característicasEditar

Tiña unha área de 2.892 km2, unha poboación de 351.216 habitantes (2001), e 67 comunas. Agora ten 60 municipios, transferíndose estes sete (Casteldelci, Maiolo, Novafeltria, Pennabilli, San Leo, Sant'Agata Feltria e Talamello) á provincia de Rímini no 2009.

Ao nordeste ten o Mar Adriático, e limita polo norte coa provincia de Rímini (rexión da Emilia-Romaña) e coa República de San Marino, polo sueste coa provincia de Ancona, polo suroeste coa provincia de Perugia (rexión da Umbría) e polo oeste coa provincia de Arezzo (rexión da Toscana).

 
A cidade de Urbino.

Os principais municipios son:

Concello
Comune
Poboación
(31 de maio de 2005)
Pésaro 91.977
Fano 62.106
Urbino 15.377
Mondolfo 11.504
Fossombrone 9.687
Cagli 8.975
Fermignano 8.155
Sant'Angelo in Lizzola 7.709
Cartoceto 7.105
Novafeltria 6.978
Pérgola 6.828
Urbania 6.780
Tavullia 6.032
Montelabbate 5.917
Saltara 5.705
Colbordolo 5.680
Gabicce Mare 5.639

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar