Provincia autónoma de Bolzano
A Provincia autónoma de Bolzano é unha provincia da rexión italiana de Trentino-Tirol do Sur. Á capital é Bolzano (en alemán Bozen, en ladino Bulsan ou Balsan).
Provincia autonoma di Bolzano— Alto Adigeнем. Autonome Provinz Bozen — Südtirolладинск. Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (it) Autonome Provinz Bozen — Südtirol (de) Provinzia Autonoma de Bulsan — Südtirol (lld) | |||||
Epónimo | Condado Principesco do Tirol (pt) e sur | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Trentino-Tirol do Sur | ||||
Capital | Bolzán | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 531.178 (2018) (71,78 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana lingua alemá Lingua ladina | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 7.400,43 km² | ||||
Comparte fronteira con | Provincia de Belluno Bezirk Zell am See Schwaz (pt) Innsbruck-Land (pt) Imst (pt) Lienz (pt) Provincia de Sondrio Grisóns Provincia autónoma de Trento Landeck (pt) | ||||
Creación | 1948 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of South Tyrol (en) | ||||
• President of South Tyrol (en) | Arno Kompatscher (2014–) | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of South Tyrol (en) Circunscrición: sen valor, (Escano: 35) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39100 e 39010–39059 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0472, 0473, 0474, 0463 e 0471 | ||||
ISO 3166-2 | IT-BZ | ||||
Código NUTS | ITH1 | ||||
Identificador ISTAT | 021 | ||||
Sitio web | home.provincia.bz.it | ||||
Topónimo
editarEn italiano a provincia é oficialmente Provincia Autonoma di Bolzano – Alto Adige, pero por costume emprégase só Alto Adige. Este é un nome xeográfico de orixe francesa (Haut-Adige), imposto durante a ocupación napoleónica, que fai referencia ao río Adige nado nesta provincia.
O topónimo oficial alemán é Autonome Provinz Bozen – Südtirol, pero na linguaxe popular úsase simplemente Südtirol, nome que corresponde á rexión histórica e xeográfica do Tirol, unidade administrativa do Imperio Austrohúngaro até o ano 1918. Os habitantes de lingua alemá definen Tirol do Sur como Land (como os Länder de Alemaña e Austria) en vez de provincia.
En lingua ladina esta rexión denomínase Provinzia Autònoma de Bulsan – Südtirol, como tamén Südtirol.
A Constitución de Italia (art. 116) recoñece desde o 18 de outubro de 2001 a versión italiano-alemá Alto Adige/Südtirol.
Ademais todos os topónimos deber ser bilingües, ou trilingües nas zonas ladinas. A maioría das denominacións xeográficas italianas son achegadas por Ettore Tolomei, autor do Prontuario dei nomi locali dell'Alto Adige.
Xeografía
editarA provincia limita polo norte e polo leste cos estados austríacos de Tirol e Salzburgo, polo oeste con Suíza (Cantón dos Grisóns), polo sueste coa provincia de Belluno (rexión do Véneto), polo sur coa Provincia autónoma de Trento e polo suroeste, co paso do Stelvio, coa provincia de Sondrio (rexión da Lombardía).
O territorio é enteiramente montañoso, o Ortles (Ortler en alemán) é con 3.905 metros o cumio máis alto. Ademais está irrigado por varios cursos de auga: o Adigio/Etsch, o Isarco/Eisack, o Rienza/Rienz, o Passirio/Passer, o Talvera/Talfer. Tamén existen algúns lagos: Lago di Resia/Reschensee, Lago di Caldaro/Kalterer See, Lago di Monticolo/Montiggler See, Lago di Braies/Pragser Wildsee, Lago di Varna/Vahrner See.
Organización territorial
editarA provincia autónoma de Bolzano consta de 116 concellos, que se agrupan en oito distritos.
Distritos
editarOs distritos (comunità comprensoriali en italiano ou ben Bezirksgemeinschaften en alemán) son:
- Val Venosta/Vinschgau
- Burgraviato/Burggrafenamt
- Oltradige-Bassa Atesina/Überetsch-Unterland
- Bolzano/Bozen
- Salto-Sciliar/Salten-Schlern
- Valle Isarco/Eisacktal
- Alta Valle Isarco/Wipptal
- Val Pusteria/Pustertal.
Maiores comunas
editarMunicipio (italiano) | Municipio (alemán) | Habitantes |
---|---|---|
Bolzano | Bozen | 103.088 |
Merano | Meran | 35.602 |
Bressanone | Brixen | 19.504 |
Laives | Leifers | 15.962 |
Brunico | Bruneck | 14.148 |
Appiano sulla Strada del Vino | Eppan an der Weinstraße | 13.325 |
Lana | Lana | 10.458 |
Caldaro sulla strada del vino | Kaltern an der Weinstraße | 7.307 |
Renon | Ritten | 7.147 |
Sarentino | Sarntal | 6.669 |
Castelrotto | Kastelruth | 6.247 |
Vipiteno | Sterzing | 5.947 |
Silandro | Schlanders | 5.908 |
Valle Aurina | Ahrntal | 5.641 |
Naturno | Naturns | 5.201 |
Laces | Latsch | 5.050 |
Chiusa | Klausen | 4.622 |
Ortisei | St. Ulrich in Gröden | 4.499 |
Linguas
editarA maioría da poboación fala un dialecto alemán, algo menos dun terzo ten o italiano como lingua materna e unha pequena minoría é de fala ladina.
Galerías de imaxes
editar-
Bolzano/Bozen
-
Bolzano/Bozen: Pórticos
-
Merano/Meran
-
Bressanone/Brixen
-
Laives/Leifers
-
Brunico/Bruneck
-
Brunico/Bruneck
-
Castelo Tirol
-
Sciliar/Schlern
-
Tre Cime di Lavaredo/Drei Zinnen
-
Catinaccio/Rosengarten
-
Croda dei Baranci/Birkenkofel
-
Sassolungo/Langkofel
-
Gruppo del Sella/Sellajoch
-
Similaun
-
Latemar
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Provincia autónoma de Bolzano |