Abruzos
Os Abruzos[1][2][3] (en italiano L'Abruzzo ou gli Abruzzi) é unha rexión italiana de 1,3 millóns de habitantes, con capital en L'Aquila. Limita ao norte coas Marcas, ao oeste co Lacio, ao sur con Molise e ao leste co mar Adriático. Ocupa unha superficie de 10 798 km2, e está dividido en catro provincias: L'Aquila, Pescara, Chieti e Teramo.
Abruzzo | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | L'Aquila | ||
• Poboación | 72 946 (2008) | ||
Lingua oficial | Italiana e francés | ||
Forma de goberno | Rexión | ||
Presidente | Gianni Chiodi (PdL) | ||
Fundado en | 1963 | ||
Superficie | Posto 13º | ||
• Total | 10 794 km² | ||
Poboación | Posto 14º | ||
• Total | 1 333 253 hab. | ||
• Densidade | 124,4 hab./km² | ||
Xentilicio | Abrucés, abrucesa[1] | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .it | ||
Código ISO | IT-65 | ||
Xeografía Editar
Rexión prevalentemente montañosa, está constituída no 65% por montañas e no restante 35% por outeiros. A chaira ocupa unha estreita faixa costeira que bordea o litoral. A rexión presenta os cumios máis altos dos Apeninos, con Gran Sasso d'Italia de 2 914 m e o macizo da Majella de 2 791 m. Os ríos principais son o Aterno-Pescara, o Sangro, o Tronto, o Trigno, o Tordino, o Vomano e a parte alta do Liri que desauga no mar Tirreno.
Poboación Editar
Os principais núcleos de poboación desta rexión son:
Cidade | Poboación (hab) |
Provincia |
Superficie (km²) |
---|---|---|---|
Pescara | 122 457 | Pescara | 33,6 km² |
L'Aquila | 71 989 | L'Aquila | 466,87 km² |
Chieti | 55 751 | Chieti | 58 km² |
Téramo | 54 847 | Téramo | 151 km² |
Montesilvano | 44 687 | Pescara | 23 km² |
Avezzano | 40 110 | L'Aquila | 104,05 km² |
Vasto | 37 657 | Chieti | 70 km² |
Lanciano | 36 306 | Chieti | 66 km² |
Sulmona | 25 307 | L'Aquila | 58,33 km² |
Roseto degli Abruzzi | 23 831 | Téramo | 52 km² |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abrucés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1444. ISBN 9788482893419.
- ↑ «Abruzos, Os». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 31.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abruzos |