Gran Sasso d'Italia

O Gran Sasso d'Italia (Pedra Grande de Italia, en italiano) é un macizo dos Apeninos, situado na rexión italiana de Abruzzo, na fronteira entre as provincias de Teramo e L'Aquila.

Corno Grande (2.912 m.)

O pico máis alto do Gran Sasso é o Corno Grande, con 2.912 msnm. Trátase do pico máis alto de tódolos Apeninos e un dos máis altos de Italia.