Lanciano
Lanciano é unha pequena cidade italiana de orixe medieval, da provincia de Chieti. Está situada nos Abruzos, preto da costa do mar Adriático. O concello (en italiano comune) ten unha superficie de 66,94 km² e, segundo o censo do 31 de marzo de 2016 a súa poboación é de 35 312 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 529,51 hab./km².[1]
Lanciano | |
---|---|
![]() |
Coordenadas: 42°13′12″N 14°23′26″O / 42.22000, -14.39056
O centro da cidade está situado a 265 m sobre o nivel do mar, pero a altitude do concello varía desde os 33 m da "contrada" Serre, cerca do río Sangro, aos 410 m de San Nicolino, no límite con Castel Frentano.
O territorio de Lanciano sitúase onde as abas da Majella van caendo cara ao mar. No sur chega a limitar co río Sangro. A cidade está atravesada polo torrente Feltrino, que pasa un pouco ao norte do centro histórico. Este último encóntrase sobre tres outeiros (Erminio, Petroso e Selva), mentres que o desenvolvemento posterior tivo lugar sobre terreos máis planos ao sur deste.
Nesta cidade naceu en 1958 o músico Massimo Spadano, violín concertino da Orquestra Sinfónica de Galicia.[2]
NotasEditar
- ↑ Lanciano en tuttitalia., Consultada o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Lobato, X. (21-11-2009). "Un proletario del violín". El País.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |