Hythe, Kent

parroquia civil e vila de Kent

Hythe é unha parroquia civil e vila do condado de Kent (Inglaterra).

Modelo:Xeografía políticaHythe, Kent
Hythe (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 51°04′18″N 1°05′02″L / 51.0716, 1.084Coordenadas: 51°04′18″N 1°05′02″L / 51.0716, 1.084
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSudeste de Inglaterra - South East England
Condado cerimonialKent
Condado não-metropolitano (pt) TraducirKent (en) Traducir
Distrito não-metropolitano (pt) TraducirFolkestone and Hythe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación14.170 (2001) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalCT21 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01303 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Rúa principal de Hythe

Xeografía editar

Segundo a Oficina Nacional de Estatística británica, a parroquia de Hythe ocupa unha superficie de 12,27 km².[1]

E segundo o censo de 2001, a vila de Hythe tiña 14 170 habitantes (45,94% varóns, 54,06% mulleres) polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 1 154,85 hab/km².[2]

A cidade conta con edificios medievais e xeorxianos, así como unha igrexa saxo-normanda nun outeiro próximo, e cun paseo marítimo vitoriano. Hythe estivo noutra época defendida por dous castelos, Saltwood e Lympne. O Hythe Town Hall (Casa do Concello de Hythe``), un edificio de estilo neoclásico, completouse en 1794.[3]

O mercado de Hythe antigamente establecíase na Market Square (hoxe Red Lion Square) cerca de onde agora hai un mercado de agricultores cada segundo e cuarto sábado do mes. Hythe ten clubs de xardinaría, equitación, birlos, tenis, crícket, fútbol, ​​squash e vela.

Demografía editar

Dos 14 170 habitantes de 2001, o 16,82% eran menores de 16 anos, o 68% tiñan entre 16 e 74 e o 15,19% eran maiores de 74. A media de idade era de 45,78 anos. Do total de habitantes con 16 o máis anos, o 22,64% estaban solteiros, o 55,84% casados e o 21,52% divorciados ou viúvos.[2]

O 93,7% dos habitantes eran orixinarios do Reino Unido. Do resto, os orixinarios de países europeos comprendían o 2,65% da poboación, mentres que o 3,66% nacera noutros lugares. Segundo o seu grupo étnico, o 98,28% eran brancos, o 0,51% mestizos, o 0,88% asiáticos, o 0,13% negros, o 0,11% chineses e o 0,1% doutros. O cristianismo era profesado polo 78,3% da poboación, o budismo polo 0,28%, o hinduísmo polo 0,54%, o xudaísmo polo 0,15%, o islamismo polo 0,1%, o sikhismo polo 0,02% e outras relixións polo 0,28%. O 13,07% eran non relixiosos, e o 7,25% no marcaron ningunha opción no censo.[1]

5 857 habitantes eran economicamente activos, 5 587 deles (o 95,39%) empregados e 270 (o 4,61%) desempregados. Había 6 388 fogares con residentes, 228 baleiros e 104 eran aloxamentos de vacacións ou segundas residencias.[2]

Historia editar

No famoso Cinque Port, Hythe unha vez tivo un importante porto que, no transcurso de 300 anos, na actualidade desapareu debido á sedimentación. O Cinque Port central, situado entre Hastings e New Romney ao oeste e Dover e Sandwich ao leste.

Segundo Edward Hasted, na súa obra The History and Topographical Survey of the County of Kent (1778–99), unha frota francesa acercouse a Hythe en 1293 e desembarcaron 200 homes, pero "os habitantes da cidade enfontráronse a eles e matáronos a todos; a flota izou as velas e non fixo máis intentos".[4]

En 1348 a peste negra asolou a Hythe e, en 1400, a peste reduciu aínda máis a súa poboación.

Hythe non ten escudo de armas; pero o selo da súa corporación municipal presenta unha embarcación antiga cun mastro, dous homes nel (un tocando un corno) e dous homes acostados no brazo da verga.[5]

A cervexa en Hythe editar

Hythe foi a sede da empresa cerveceira Mackeson Brewery que, despois de varios cambios de propiedade, pechou en 1968. Foi o lugar onde naceu a Mackeson Stout, un tipo de cervexa elaborada por primeira vez en 1909, que se converteu nunha marca nacional. Mackeson Stout xa non se elabora localmente, senón que se fabrica baixo licenza por unha das principais cervexeiras de Inglaterras.

Hythe Ranges é un campo de adestranamento militar que ocupa unha gran parte da costa de Hythe. O acceso a esta sección da costa está restrinxido cando hai bandeiras vermellas.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Táboas: «Usual Resident Population (KS01) for Amalgamated Parishes», «Ethnic Group (KS06) for Amalgamated Parishes», «Country of Birth (KS05) for Amalgamated Parishes» e «Religion (KS07) for Amalgamated Parishes», dispoñíbeis para descarga aquí Arquivado 08 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Office for National Statistics (en inglés).
  2. 2,0 2,1 2,2 "Area: Hythe CP (Parish)" (en inglés). Office for National Statistics. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  3. Historic England. "The Town Hall (1068981)". National Heritage List for England. Consultada o 27 de abril de 2022.
  4. Hasted, Edward (1972) [1797]: The History and Topographical Survey of the County of Kent (2nd ed.). Maidstone, UK: EP Publishing and Kent County Library. ISBN 0-8540-9789-9.
  5. British History Online. Kent "The town and parish of Hythe". Arquivado desde o orixinal o 7 de decembro de 2015. Comsultado o 27 de abril de 2022.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar