Río Dubra

río de Galicia

O río Dubra é un afluente do Tambre pola súa banda dereita. Nace nos montes do Castelo, na parroquia de Anxeriz (concello de Tordoia). Segue un curso xeral na dirección norte-sur ó longo da Depresión Meridiana, e desemboca en Portomouro tras percorrer 18,8 km.[1]

Modelo:Xeografía físicaRío Dubra
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAnxeriz Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Tambre Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°57′44″N 8°39′02″O / 42.96217, -8.65044
Características
Dimensións18,8 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica96 km² Editar o valor en Wikidata

Toponimia

editar

Pode vir do plural dubra do céltico dubron (auga), ou dunha forma feminina dubra, que significaría o mesmo.[2] Tería mesma etimoloxía o río Dobra en Asturias e outros topónimos franceses (Douvres, río Douvre), ingleses (Dover), irlandeses e escoceses (Dobhar), alemáns (Tauber, antes Dubra) ou neerlandeses (Doveren).[3]

  1. CEDEX. "Datos del río completo (sin afluentes)". Consultado o 30 de xuño de 2022. 
  2. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. Notas acerca de Hidronimia Gallega Abelardo Moralejo Laso, Universidade de Santiago de Compostela

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.