Portomouro, Val do Dubra
San Cristovo de Portomouro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Val do Dubra. Segundo o IGE en 2013 tiña 367 habitantes (195 mulleres e 172 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación aos anos 2004, cando tiña 422 habitantes, e 1999, con 482.
Portomouro | |
---|---|
![]() O río Tambre ó seu paso por Portomouro. | |
Concello | Val do Dubra[1] |
Provincia | A Coruña |
Área | 6,75 km² |
Poboación | 366 hab. (2019) |
Densidade | 54,22 hab./km² |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
SituaciónEditar
Portomouro atópase no cruzamento de camiños que van dende Santiago de Compostela cara ao norte, para as terras de Bergantiños (Carballo) pola AC-1914, e para as terras do Xallas (Santa Comba) pola AC-404.
EconomíaEditar
Portomouro vive principalmente do sector servizos e do traballo co gando vacún. Subsisten explotacións particulares de produción leiteira para a industria láctea complementada coa recría para a venda.
PatrimonioEditar
Como recursos naturais e etnolóxicos destacan os paseos nas beiras do río Tambre, con vexetación autóctona (carballos, bidueiros, amieiros, freixos etc.).
A Pedra do Home é un conxunto de tres sepulturas antropomorfas.
Galería de imaxesEditar
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PortomouroEditar
Lugares da parroquia de Portomouro no concello de Val do Dubra (A Coruña) | |
---|---|
Cernadas | Novais | Portomouro de Abaixo | Portomouro de Arriba | Xermán |