Instituto de Estudos Xacobeos
O Instituto de Estudos Xacobeos ou Centro de Estudos Xacobeos, é unha institución cultural galega dependente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.
Instituto de Estudos Xacobeos | |
---|---|
Tipo | centro de estudos |
Campo de traballo | Camiño de Santiago |
Data de fundación | 22 de outubro de 1954 |
Organización matriz | Arquidiocese de Santiago de Compostela |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Creación
editarO Centro de Estudos Xacobeos foi creado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1954 por un decreto do cardeal-arcebispo de Santiago Fernando Quiroga Palacios. O 26 de novembro do mesmo ano foi incorporado ao "Patronato Marcelino Menéndez y Pelayo" do Consello Superior de Investigacións Científicas.[1]
Na súa carta fundacional dise que «terá como finalidade impulsar os estudos de investigación en torno ao santuario do apóstolo Santiago, preocupándose de todo o que fai referencia á persoa de Santiago o Maior, a súa actividade apostólica, sepulcro, culto, peregrinacións ao seu santuario, e aínda —en segundo termo— do que se refire á sede compostelá».[1]
Foi o primeiro centro que se preocupou por dar un novo impulso ao renacemento dos estudos xacobeos e á peregrinación a Compostela no século XX. É significativa a categoría intelectual do seu primeiro consello directivo:[1]
Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Cardeal Quiroga Palacios |
Director | Manuel Rey Martínez |
Secretario | Ramón Otero Túñez |
Bibliotecario | Casimiro Torres Rodríguez |
Xefe da sección de Historia Antiga | Juan Pérez Millán |
Xefe da sección da Idade Media | Frei José Campelo |
Xefe da sección de Historia Moderna e Contemporánea | Antonio Fraguas Fraguas |
Xefe da sección de Arte | José María de Azcárate Ristori |
Xefe da sección de Literatura | Enrique Moreno Báez |
Xefe da sección de Arqueoloxía | José Guerra Campos |
Xefe da sección de Musicoloxía | Pedro Echeverría Bravo |
Obxectivos
editarA súa principal finalidade é a publicación dos traballos realizados polas diversas autoridades culturais, principalmente especializados en temas xerados polo apóstolo Santiago e a súa peregrinación. Tamén dar novo impulso ao rexurdimento dos Estudos Xacobeos e a peregrinación a Compostela no século XX. O seu maior logro é o de manter vivo o espírito da dimensión teolóxica-cultural do feito Xacobeo.
Revista Compostellanum
editar- Artigo principal: Compostellanum.
Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica e dous de estudos históricos, preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Centro de Estudios Jacobeos na Xacopedia.