Casimiro Torres Rodríguez
Casimiro Torres Rodríguez, nado en Santa Cruz de los Cuérragos (Zamora), o 10 de agosto de 1900 e finado en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1989, foi un relixioso, historiador e bibliotecario español.
Casimiro Torres Rodríguez | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1900 |
Lugar de nacemento | Santa Cruz de los Cuérragos |
Falecemento | 3 de maio de 1989 e 2 de maio de 1989 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador e sacerdote |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciado en Dereito Canónico, foi sacerdote da Igrexa católica. Ademais licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid en 1944 coa tese Magno Clemente Máximo, dirixida por Santiago Montero Díaz. Foi profesor de Historia Antiga e Media Universal na Universidade Compostelá, membro do Corpo facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e director da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela.
Ingresou como membro numerario da Real Academia Galega o 4 de marzo de 1979 co discurso O malfadado D. García: Rei de Galicia, respondido por Xosé Filgueira Valverde.[1]
As súas investigacións centráronse en por de relevancia a personalidade de Galicia no Imperio Romano, a entidade histórica sobranceira do Reino Suevo e a Alta Idade Media de Galicia.
Obra Editar
Libros Editar
- Egeria, monxa galega (Buenos Aires, 1976)
- La Galicia sueva (A Coruña, 1982)
- La Galicia romana (A Coruña, 1982)
Artigos Editar
- "Los siete libros de la historia de Paulo Orosio" (CEG IX, 1949)
- "Los límites de Galicia en los siglos IV e V" (CEG, 1949)
- "Prisciliano, doctor itinerante" (CEG XXVII, 1953)
- "La conquista romana de Galicia (Boletín de la Universidad de Santiago, 1954)
- "El culto al Emperador en Galicia" (CEG XXII, 1952)
- "Situación jurídica de los suevos en Galicia antes de la caída del Imperio Romano de Occidente" (CEG, 1956)
- "El Cronicón de Hidacio" (Compostellanum, 1956)
- "Arca Marmórea" (Compostellanum, 1957)
- "Peregrinos de Oriente a Galicia en el siglo V (CEG XXXVII, 1957)
- "El maestro Pedro Compostelano, un compostelano olvidado" (CEG XXIX, 1975)
Notas Editar
- ↑ "Casimiro Torres Rodríguez". Real Academia Galega.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2000). "Casimiro Torres Rodríguez". Boletín da Real Academia Galega (361): 296.
- Precedo Lafuente, Manuel Jesús (1990). "D. Casimiro Torres, Presbítero e Historiador". Compostellanum XXXV (3-4): 367–375.